Boas,

Recentemente topei co termo inglés 'resolver' (falando de DNS). A 
primeira intuición foi traducilo por 'resolvedor'. Ao principio pensei 
que era un fallo do corrector ortográfico (por non recoñecer 
'resolvedor'), mais parece que non existe tal forma en galego.

Entón, estamos a barallar opcións:
- "proceso de resolución"
- Resolvedor ou resolutor (ambas inexistentes)
- "resólver" (anglicismo adaptado ortograficamente)
- Cambio por algo como "tradutor", ou "intérprete".

Neste caso, persoalmente tiraría pola primeira (proceso de resolución), 
cando menos temporalmente e mentres se chega a algún acordo...

Opinións?

PS: Actualmente, "resolvedor" aparece en apt e en pidgin (fyi).

-- 
José Manuel Castroagudín Silva                                   Técnico
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
Avda. de Vigo, s/n 15706              Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16     <jmsilva @ mancomun.org> 


Responderlle a