Eu o que aconsellaría é que se esa cadea non ten comentario que mandes
un bug a bugzilla.gnome.org solicitando que lle engadan un explicando
un pouco que quere dicir.

Saúdos.

2009/5/2 Fran Dieguez <listas en mabishu.com>

> Boas rapazada
>
> traducindo o programa contacts de gnome-extras topeime coa cadea PO Box,
>  e entraronme dúbidas, intuía que tiña que ver con algo semellante a
> Apartado de correos.
> Procurando na rede topeime con isto:
> http://www.usps.com/receive/businesssolutions/poboxservice.htm
>
> entendo que son compartimentos nas sucursais de correos con certa
> seguridade adicional.
>
> Podemos facer unha similitude con "apartado de correos" pero ten máis
> particularidades.
>
> Que opinades do asunto?
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090502/2cfa5e62/attachment.htm
 

Responderlle a