> Nota: é posíbel obter unha listaxe de palabras en galego, as que
> compoñen a tradución do escritorio/programa(s) que prefirades.
> Para iso debe primeiro obterse unha listaxe cos ficheiros de interese.
> Se por exemplo teñen todos o mesmo nome (gl.po) e están nalgures no
> cartafol persoal: find $HOME -name "gl.po" _debería_ facer o traballo.
> Logo hai que pasar esa listaxe ao script "extrairmsgstr", que Leandro
> xa saberá onde o encontrar:
> ==
> for $file in `find $HOME -name "gl.po"`
> do
> < $file extrairmsgstr.perl >> linhas.txt # xa sei que soa raro escrito así...
> done
> ==
> e despois hai que pasarlle o hunspell a linhas.txt.
> Se o que queres é a listaxe de palabras galegas que hai en linhas.txt
> ==
> #! /usr/bin/env bash
> cat $* |
> tr  -cs "A-Za-z'" '\012'
> sort |
> uniq -c |
> sort -n |
> awk '{print $2}
> ==
> máis ou menos é o que precisas.


Non vou entrar en se as ordes anteriores están ben, que ainda non o
verifiquei, pero levo media mañá ferrallando co "extrairmsgstr" e
extrae ben as cousas, pero tamén me pon a información da cabeceira do
ficheiro ó comezo do ficheiro de saída. Estiven mirando o
"potificador" pero non entendo moi ben o choio así que non avancei
moito na resolución do problema. Marce, tes algunha idea de por que
rula así? Seguirei mirando.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a