>>  O esquema TBX que temos obedece, máis que ao cumprimento do estándar que
>>  estamos estrenando, á necesidade de que se poida empotrar nas
>>  aplicacións do tradutor. Vemos que ese esquema que mandei funciona no
>>  Lokalize.
>
> Desde o pdv utilitario, o que me interesa é que as cousas que permite
> empregar o programa indicado estexan no ficheiro tbx que saquedes. Ás
> que estexan pero non poda empregar non as valorarei positivamente, e
> as que podendo ser empregadas non estexan pois puntuarán en negativo.
> O de sempre.

Coma todos. O que interesa é que as ferramentas CAT soporten o que nos
fai falta e non estar limitados por elas e punto.

> Dito isto, hei de facer unha puntualización: normalmente acoplo o
> panel co glosario á esquerda da mensaxe de orixe da unidade de
> tradución, e nin así miro para el. Pero do que si tiro moito é a
> memoria de tradución (que poño á esquerda do texto de destino), tanto
> para reutilizar mensaxes enteiras como palabras ceivas (cun duplo-clic
> métense no texto-termo). Pero isto pode deberse a que o tbx de exemplo
> só contén cinco ou seis palabras.

Eu diria que si. Inconscientemente pasas do glosario porque pensas que
é de pouca axuda. É o mesmo que facia eu cos diccionarios de galego
anteriores ó digalego, como só unha de cada sete buscas me daba un
resultado medianamente útil rematei pasando deles e usando dicionarios
de papel.

>> Obviamente aparecen tras a
>> compilación os disensos reais, e aí é onde entra a discusión da
>> comunidade, se fose necesario acadar un consenso.
>
> O da ontoloxía para definir aí si que me colles en bragas: dado que
> falas de tbx basic e que non o metes entendo que non te refires ao
> tipo de palabra (que en tbx veñen preestabelecidos), senon os eidos
> conceptuais, v.gr. "imaxe e son", "economía", "gui",...
> En principio, eu meteríao, como un (ou varios) campos, colunas no
> calc, que serían a escoller entre unha listaxe a tomar de outra
> páxina.

O dos posibles valores do subjectField seria algo que tamén se teria
que discutir. Eu non misturaria imaxe e son xa que normalmente eses
programas non teñen moito en común. De feito separaria en "imaxe",
"video" e "son".

> Que sería válido como subjectField... pois penso que un pto de
> arranque razoábel pode obterse collendo as non-abreviadas da filtraxe
> da listaxe de abreviaturas empregadas nunha enciclopedia xeral (i.e.,
> quedándonos con "Comunicacións, Física Nuclear,..." dunha listaxe que
> conteña ((Comun. Comunicacións) (Fis. Nucl. Física Nuclear) (Ú. t. c.
> s. Úsase tamén como substantivo)).
> Evidentemente, o fetén sería ter unha enciclopedia/dicionario
> enciclopédico de temas computacionais como pto de partida.

Aquí perdinme un pouco.

> Co das definicións, eu que non me corto un pouco, tiro de foldoc e
> merrian e a andar, vos teredes que ter máis coidado cos copyrights,
> clarostá.

Ou da Wikipedia, por aí haberá menos problemas.

Outra cousa é en que idioma poñemos a definición. Se imos usar un
sistema compartido con outros equipos doutras linguas a definición
teria que estar nunha lingua que entendamos todos, e sendo tradutores
de SL e estando o SL en inglés, a lingua seria o inglés.

Ainda que por outra banda penso que a mellor solución é ter o tinglado
por separado pero usando o mesmo software para facilitarlle ós
desenvolvedores das ferramentas CAT o seu traballo (para non ter que
ir integrando tropecentas ferramentas de terminoloxía diferentes nas
ferramentas CAT).

Isto último non quitaría que alguén fora creando listas de termos
candidatos, cunha definición en inglés, que despois os equipos de
tódalas linguas tomaran coma base para crear os seus propios glosarios
traducindo a definición e dándolle unha lista de traducións a cada
termo (Isto último seria algo coma FUEL, pero para termos, non para
frases).

> En resposta ao do TXT e TFT: Cóllesme completamente fora de onda.

???

>>  Pero hai que ter claro que para avanzar, ás veces hai que
>>  retirarse da asemblea e camiñar só; porque mentres discute, o grupo está
>>  parado. Cultura, pura cultura.
>
> A idea de tirar cara diante, facendo as cousas por un e perante un
> mesmo, non me é allea: é o que levamos a facer todos os trasnegos
> desde que teño memoria, pero iso non quita que antes a dúbida, pidamos
> axuda ou consello... de feito case somos expertos en chegar a
> acordos!. No asunto do glosario TBX xa hai xente (Leandro ppalmente)
> que lle votou unhas horas, e sería unha mágoa desaproveitar as gañas
> que se lle poñen ao asunto, para non levalo ao óptimo desexábel.

A min gustariame poder xuntar á xente que está a elo agora, non só
polo lado do galego senón tamén por moitas outras iniciativas que hai
por aí (principalmente as dúas das que falo enriba). Sei que por parte
da xente do Translation Toolkit e Virtaal hai interese polo tema (falo
principalmente de Dwayne Bailey) e penso que ata poderian botar unha
man no de picar código. Pero as cousas hai que falalas antes para
saber cales son as necesidades e despois tratar de implementar unha
ferramenta que as cubra de tal maneira que os voluntarios comecen a
usar iso masivamente.

Falando disto, Dwayne comentara que estaba desgustado ca maioría das
solucións para glosarios que viu, incluindo a do Lokalize, creo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a