> Con respecto ás memorias e á lista de paises; non creo que sexa contraditorio
> ter unha lista de paises escrita e tamén incluidas nunha memoria. O que sí
> vexo necesario é o que propoño, a tradución exacta dos nomes oficiais dos
> países segundo a ISO, independentemente de que se amplie con outras
> demarcacións (sería interesante tm unha de rexións europeas, inda que despois
> de Kgeography, xa temos a de mooooitas rexións do planeta feitas).

Eu digo de ir traducindo os ficheiros .po e despois facer unha memoria
de tradución. A partir de aí cun script ou algo feito en php poderia
sacar listados mediante páxina web, para que os buscadores os poidan
buscar, e que xente sen moitos coñecementos e que non quere traducir
tamén teña acceso a estas traducións por se lles son de utilidade.

Haberia que mirar se o de Kgeography non está xa nos ficheiros iso-*
do TP. Acabo de ler na lista de tradución de openSuse que pensan
utilizar os ficheiros do TP nas próximas versións, así que penso que
centrarnos no TP seria a mellor idea. Despois todo ese traballo
poderia reutilizarse facilmente en moitos outros sitios utilizando
compendios ou TMs...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Reply via email to