O Luns 11 Agosto 2008 11:59, Manuel Souto Pico escribiu:
> Sobre a extensión do guía de estilo: eu penso que non se deberían deixar
> fóra cousas que é necesario incluír, porque entón non estaría a cubrir as
> necesidades para as que se crea, e para ben da coherencia paréceme que é
> necesario incluír todo aquilo sobre o que poden diverxer os estilos
> (evidentemente) das diferentes persoas que localizan, ademais de todas as
> recomendacións que queremos facer para obtermos un estilo adecuado en
> xeral.
Até certo pto., hai cousas que hai que dar como condicións previas, por 
exemplo que se escrebe con boa ortografía, unha vez indicada unha ortografía 
de referencia, e que os textos termo sexan gramaticalmente correctos, polo 
que non cumpre meter un tocho nestes pontos, restrinxíndose a sinalar erros 
de tradución.

> Ora ben, isto non ten por que
> impedir que se poida crear unha versión abreviada con únicamente aqueles
> puntos *esenciais* que deban ter presentes como mínimo as persoas que non
> queira ou non poidan aprofundar moito.
Un prontuario? Xa me soa mellor. Fíxate por exemplo no texto da udc onde fala 
da utilización das maiúsculas, e no equivalente a uvigo, desde logo este é 
máis curto que aquel e non é que deixe fora moitas cousas.
Hei de insistir no asunto: a maioría da xente que se achega como voluntaria, 
xamais chega a enviar un ficheiro po. Coa interface web a cousa algo 
cambiará, pero se lle metes a alguén a obriga de meterse entre o peito e as 
costas 40 páxinas de tocho, queda o comido polo servido.
-- 
Best regards,
MV

Responderlle a