> Seguindo o acordado nos consensos do g11n, imos comezar a distribuir os
> recursos lingüísticos xerados polas traducións nas que hai contrataciós
> económicas involucradas. A que xunto ten por obxecto únicamente o de que
> a probedes e comprobedes que o formato, e restantes parámetros técnicos,
> son correctos. Se detectades calquera eiva ou vedes algunha mellora que
> facer, só propoñédea, sen mais.

Grazas. 

> Dende o ponto de vista lingüístico o único que poderá ser unha novidade
> pra algúns é a substitución masiva de -ble por -bel, en coherencia cos
> principios xa expostos na rolda g11n e buscando acercar posturas entre
> os sectores máis isolacionistas e os máis reintegracionistas, e ista
> posibilidade que fornecen as nosas Normas semella ser bastante conveniente
> a istes efeitos.

Dacordo. Mais recordo o que as normas da RAG din: 

"Para aqueles casos en que se ofrecen varias posibilidades, indepen-
dentemente de que estas estean na fala ou en usos escritos ou sexan xa
de uso xeral, o texto destas Normas vai acompañado de notas, impresas
en letra máis miúda. Estas notas tratan de explicar as razóns que motivan as 
propostas normativas, que se apoian, por outra parte, nos princi-
pios anteriormente expostos de maneira xerárquica. Nalgún caso moi
concreto, debido á presenza forte e tradicional de certas solucións, ofrécese 
provisoriamente a posibilidade de optar entre unha ou outra pro-
posta normativa, por máis que unha das alternativas apareza presentada
como prioritaria. As propias Normas foron redactadas escollendo, de
entre as dobres alternativas, aquelas opcións que pareceron máis reco-
mendables."

dito doutra maneira, inda que a RAG escolla para redactar as Normas unhas 
determinadas solucions, que cree m´ais correcta,  a propia Norma establece 
como v´alidas calquera das d´uas, a igual nivel.

Sendo isto asi non considero prioritario que as traduci´ons de Gnome 
rectifiquen escollas detro do que a propia norma permite. Penso que hai cousas 
abondo antes, como a revisi´on das traduci´ons; establecer consensos en 
materia terminoloxica basica ou conseguir un sistema completo localizado 
(distribucion + escritorios + ferramentas linguisticas)

> Ademais facer notar que as propostas terminolóxicas que non resultaran
> consensuais (lembro agora mesmo a de pestana/separador, pero había algunha
> outra) deberán ser sometidas a debate público, tal como me comprometín.

na lista de trasno xa debatemos habitualmente estes puntos; eu animo a que 
todo o mundo se sume aos debates nesa lista e que se asuman.  Hai unha boa 
cantidade de termos nos que diferimos pero hai unha chea deles nos que non hai 
d´ubidas, IMHO. 

> Unha vez obteñamos o acordo ao respeito, integrarémolo na memória de
> tradución e só nise momento distribuiremos a versión final.

sinceramente, isto pode levar MOITO tempo se o modo de discusi´on ´e 
telematico. Inda sendo nun evento... Non credes que se debe intentar unha 
primeira aproximaci´on (elementos graficos basicos...) e logo ir revisandoa e 
ampliandoa?. D´adelle nome ´as revisi´on:  alpha1... ; isto mesmo se fai coas 
ISO.

> O mesmo para o resto das traducións que estamos a producir agora mesmo dende 
Mancomún,
> básicamente: o DVD da PEME máis o que Nacho nos diga que traduzamos de
> GNOME. E falando de GNOME penso en KDE; non se me ocurre cómo axudar, alén
> de fornecer ferramentas e recursos que a iles lles poidan resultar útiles.

en KDE penso que agora mesmo somos unha comunidade activa polo que axuda 
directa na traduci´on creo que non deberia ser necesaria. Creo que as axudas a 
Gnome e KDE deberian ir m´ais orientadas a 1. conseguir que funcionen/mellorar 
os diccionarios (golfiño est´a ben, pero fai falla un diccionario en Hunspell 
que avance e se amplie) 2. loxistico: axudarnos coa organizaci´on futura de 
eventos (lease o que Marce nos di de KDE- España) e 3. promoci´on dos 
escritorios

A todo isto, xq non un Gnome/KDE-Galiza ou un grupo paraugas "Linux Galiza"? 
Serivir´ian para crear "Momentum"?.
 
> Creo que un bon momento pra poñer os temas lingüísticos pendentes enriba
> da mesa e resolvelos é o encontro no que estamos a pensar pra setembro. 

si, agora que Setembro pareceme pronto e en mala ´epoca para os estudantes: 
igual as primeiras semanas van mellor. Opinion do resto?

> importante que sexamos capaces de resolver os flecos pendentes pra poder
> iniciar o proceso de desenvolvemento dos recursos lingüísticos dos que
> tantas veces temos falado (base de datos terminolóxica, pootle e demais).


PD: texto mal acentuado ;) ; teño o teclado mal configurado... ando trasteando 
no becho))

Saudos!


Responderlle a