mvillarino escribiu:
> O Martes 19 Agosto 2008 20:26, suso.baleato en xunta.es escribiu:
>> Dende o ponto de vista lingüístico o único que poderá ser unha novidade
>> pra algúns é a substitución masiva de -ble por -bel, [blablabla]
> 
> Por min non hai problema, é o que utilizo ;-)
> 
> Lembrai que á hora de facer unha substitución masiva (Ctrl+F, ou Ctrl+R), é 
> preciso facélo en 10 (dez) pasadas:
> able->ábel e outras 4 para as outras vogais,
> ábelmente->abelmente e outras 4 para as outras vogais.
> 
> Aínda que supoño que a estas alturas xa o saberedes mellor ca min.
> 
>> Ademais facer notar que as propostas terminolóxicas que non resultaran
>> consensuais (lembro agora mesmo a de pestana/separador, pero había algunha
>> outra) deberán ser sometidas a debate público, tal como me comprometín.
> 
> As que me veñen á memoria son a de "Tab", e a de "Window".
> 
> Adicionalmente, cumpre meter no saco "Peer", que polo visto estades a traducir
> mediante a perífrase "elemento do mesmo nivel". Penso que hai que procurar 
> unha alternativa menos parafrásica. [1]
> 
> E tamén convén revisar "Edit", dado que pode darse algún caso no que lle 
> entre 
> mellor un "modificar" que un "editar".
Totalmente de acordo. Editar en galego ven a aser publicar mentres que 
no ingles tamén é modificar.
> 
>> E falando de GNOME penso en KDE; non se me ocurre cómo axudar,
> 
> Estase coa fundación de KDE-España, e recentemente fíxose o chamamento para a 
> presentación de candidaturas para a akademy-es.
> Por abreviar: que vos podíades estirar, e proporvos para axudar a realizala 
> en.... Avilés.
> Era bromaaaaa, en A Coruña, Lugo, Fazouro, Viveiro ou Santiago. E se non 
> houbese peaxe tamén estaría ben Vigo.
> 
> A situación actual de KDE é a que segue, excepto erro ou esquecemento:
> -Frente de batalla:
>     --- Miguel en Kgeography, Parley (doc, + a revision da gui que isto 
> implica indefectibelmente), e koffice.
>     --- Xosé en Kdepim
>     --- Manuel en Kdeedu, pero só queda kstars libre, e dixo que non se 
> atrevía, polo que me metín eu a iso.
>     --- Eu, vid supra [2]
> -Mantimento:
>     --- Eu, en todo excepto en kdepim e koffice.
> 
> Fai falla que algunha alma caritativa revise o ficheiro gl.xml que se pode 
> achar en docbook.sf.net, no repositorio. É o que contén as traducións 
> dos "textos que non escreben os documentadores pero que aparecen no documento 
> final".
> 
> Polo referente a axudar, sigo ± coa idea que enunciou aacid na reunión: se 
> queredes entrar a formar parte do equipo, pois primeiro dicide no que estades 
> interesados, e quen é o interlocutor (único) que vai servir de interface. [3]
> Como mancomún é un caso especial, posibelmente houbese que estabelecer 
> clausulas concretas: ámbito, prazo no tempo, estilo, dicionario, e cousas á 
> maneira, que no caso dos voluntarios son segundo o mítico enunciado.
> 
>> da mesa e resolvelos é o encontro no que estamos a pensar pra setembro.
> 
> vaia, teño que ler mellor o correo, a ver de que vai isto.
> 
>> Portaivos ben ;-)
> 
> [1]Certo, non sei do que estou a falar.
> [2]Á parte de borde, son un esnobe. Borde só o son por veces, do outro non 
> teño remedio.
> [3]Canto máis tempo adico ás tarefas "de repositorio e kdiff3", menos adico a 
> traducir, e a parte antiestresante e a de traducir, non a outra.

Responderlle a