O Thursday 21 August 2008 11:43:08 Leandro Regueiro escribiu:
> >> Dende o ponto de vista lingüístico o único que poderá ser unha novidade
> >> pra algúns é a substitución masiva de -ble por -bel, en coherencia cos
> >> principios xa expostos na rolda g11n e buscando acercar posturas entre
> >> os sectores máis isolacionistas e os máis reintegracionistas, e ista
> >> posibilidade que fornecen as nosas Normas semella ser bastante
> >> conveniente a istes efeitos.
> >
> > Dacordo. Mais recordo o que as normas da RAG din:
> >
> > "Para aqueles casos en que se ofrecen varias posibilidades, indepen-
> > dentemente de que estas estean na fala ou en usos escritos ou sexan xa
> > de uso xeral, o texto destas Normas vai acompañado de notas, impresas
> > en letra máis miúda. Estas notas tratan de explicar as razóns que motivan
> > as propostas normativas, que se apoian, por outra parte, nos princi- pios
> > anteriormente expostos de maneira xerárquica. Nalgún caso moi concreto,
> > debido á presenza forte e tradicional de certas solucións, ofrécese
> > provisoriamente a posibilidade de optar entre unha ou outra pro- posta
> > normativa, por máis que unha das alternativas apareza presentada como
> > prioritaria. As propias Normas foron redactadas escollendo, de entre as
> > dobres alternativas, aquelas opcións que pareceron máis reco- mendables."
> >
> > dito doutra maneira, inda que a RAG escolla para redactar as Normas unhas
> > determinadas solucions, que cree m´ais correcta,  a propia Norma
> > establece como v´alidas calquera das d´uas, a igual nivel.
> >
> > Sendo isto asi non considero prioritario que as traduci´ons de Gnome
> > rectifiquen escollas detro do que a propia norma permite. Penso que hai
> > cousas abondo antes, como a revisi´on das traduci´ons; establecer
> > consensos en materia terminoloxica basica ou conseguir un sistema
> > completo localizado (distribucion + escritorios + ferramentas
> > linguisticas)
>
> Se isto é certo teño razóns para opoñerme. Non vou propoñer que se use
> esta ou a outra opción, pero eu seguirei usando -ble (ía usala de
> tódolos xeitos).

Home, quédate coa acotación que é literal e decide. Eu acato as normas da RAG 
pero discrepo en puntos:

1. -bel: úsase nalgures a terminación -bel de forma "natural"??? En serio?
2. tódolos > todos os... porqué se na fala se fai a contración se ten que 
eliminar na escrita? cando a xente que aprenda galego lea esto farao coma se 
escribe e soa mal, moi mal, ós oidos dun indíxena coma min. Amais, esta 
pareceme unha das maiores transgresións após da escrita mediaval. Non sería 
logo algo coma "tódo-los" se facemos caso ó que a RAG nos di na introcuión?!
3. Segundo artigo: idem, na fala faise, na escrita elimínase. Non usar o 
segundo artigo na fala é indicativo de castelización fonética, IMO. 
4. introdúcese -bel pero mantemos o "ñ" e o "ll". Non é incoherente?. 
5. introdúcese "ao" de par de "ó", que estaba ben asentado e representa millor 
á fonética. Aquí si que se respeta a tradución mediaval, non?. Incoherencia. 
6. permitese "ca as"... que tampouco se fan na fala; tamén se permiten que as 
comparativas se fagan con "máis que" non canto de "mais ca".  A forma na fala 
é a segunda, a primeira soa a castelanismo
...

podería seguir bastante cacho. Pero acátoas porque son de consenso entre a RAG 
e o ILG e a ela sumáronse organizacións que foran representativas dos mínimos 
coma o BNG. Pero se a normativa permite ambiguidades non creo que se deban 
establecer unha redución delas na tradución. Podería ser recomendable en 
interfaces pero perxudicial en documentación. O miolo da coherencia na 
tradución está na terminoloxía. 

> >> Ademais facer notar que as propostas terminolóxicas que non resultaran
> >> consensuais (lembro agora mesmo a de pestana/separador, pero había
> >> algunha outra) deberán ser sometidas a debate público, tal como me
> >> comprometín.
> >
> > na lista de trasno xa debatemos habitualmente estes puntos; eu animo a
> > que todo o mundo se sume aos debates nesa lista e que se asuman.  Hai
> > unha boa cantidade de termos nos que diferimos pero hai unha chea deles
> > nos que non hai d´ubidas, IMHO.
>
> Concordo. A ver se nun futuro probable peneiro outra vez as mensaxes a
> ver cantos termos debatidos atopo.
>
> >> Unha vez obteñamos o acordo ao respeito, integrarémolo na memória de
> >> tradución e só nise momento distribuiremos a versión final.
> >
> > sinceramente, isto pode levar MOITO tempo se o modo de discusi´on ´e
> > telematico. Inda sendo nun evento... Non credes que se debe intentar unha
> > primeira aproximaci´on (elementos graficos basicos...) e logo ir
> > revisandoa e ampliandoa?. D´adelle nome ´as revisi´on:  alpha1... ; isto
> > mesmo se fai coas ISO.
>
> Tamén concordo.
>
> >> O mesmo para o resto das traducións que estamos a producir agora mesmo
> >> dende
> >
> > Mancomún,
> >
> >> básicamente: o DVD da PEME máis o que Nacho nos diga que traduzamos de
> >> GNOME. E falando de GNOME penso en KDE; non se me ocurre cómo axudar,
> >> alén de fornecer ferramentas e recursos que a iles lles poidan resultar
> >> útiles.
> >
> > en KDE penso que agora mesmo somos unha comunidade activa polo que axuda
> > directa na traduci´on creo que non deberia ser necesaria. Creo que as
> > axudas a Gnome e KDE deberian ir m´ais orientadas a 1. conseguir que
> > funcionen/mellorar os diccionarios (golfiño est´a ben, pero fai falla un
> > diccionario en Hunspell que avance e se amplie) 2. loxistico: axudarnos
> > coa organizaci´on futura de eventos (lease o que Marce nos di de KDE-
> > España) e 3. promoci´on dos escritorios
> >
> > A todo isto, xq non un Gnome/KDE-Galiza ou un grupo paraugas "Linux
> > Galiza"? Serivir´ian para crear "Momentum"?.
> >
> >> Creo que un bon momento pra poñer os temas lingüísticos pendentes enriba
> >> da mesa e resolvelos é o encontro no que estamos a pensar pra setembro.
> >
> > si, agora que Setembro pareceme pronto e en mala ´epoca para os
> > estudantes: igual as primeiras semanas van mellor. Opinion do resto?
>
> Que ti teñas os exames ó final do mes non implica que os outros non os
> teñamos ó comezo. Do 1 ó 10 teño exames ou estarei flaxelándome por
> telo feito tan mal, así que esas datas véñenme non moi ben.

Descoñecia eu ese calendario de exames.         Pois daquela as segunda 
quincena de 
Sept?

> >> importante que sexamos capaces de resolver os flecos pendentes pra poder
> >> iniciar o proceso de desenvolvemento dos recursos lingüísticos dos que
> >> tantas veces temos falado (base de datos terminolóxica, pootle e
> >> demais).
> >
> > PD: texto mal acentuado ;) ; teño o teclado mal configurado... ando
> > trasteando no becho))
>
> Home, para iso non acentuaras e aforrábasnos a dor de ollos.

upps, vale, pra próxima vez fareino (nótese que acabei de trastear)

Responderlle a