> É raro, pero o outro día rulábame ca ligazón directa, en todo caso con
> http://ghicho.iespana.es/ si que funciona.
>
> Como prometín no anexo vai un arquivo con tres ficheiros: un de
> instrucións, un script que xera a base de datos a partir dos ficheiros
> TBX que se poden baixar da páxina de enriba, e outro script que
> permite realizar consultas dende unha terminal.
>
> PD: acábome de dar conta de que o código do xerador inclúe unha
> referencia a un ficheiro TBX que me pasou Marce e que metin para
> probar e de paso ter máis terminoloxía na base de datos, así que pode
> que a vós non vos rule ben xa que non tedes ese ficheiro. Simplemente
> eliminade a liña referente ao glosario de Marce do dicionario que está
> cara o final do código do script xerador.

Evidentemente cando teñamos rematado ese sistema de xestión de
terminoloxía o uso desta ferramenta será útil para obter as propostas
dos diferentes glosarios existentes ata o de agora e consideralas
durante a creación da nova terminoloxía unificada, a cal debería ser a
única que se debería usar nun futuro.

Ou sexa, este sistema é un parche temporal.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a