-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ola Manuel,

recoméndoche que primeiro fagas a implementación que logo dos recursos
para facelo accesibel é cuestión de falalo con organizacións que estamos
no mundillo. Coido que se pode meter en algún servidor co que contemos.

Sempre e cando o software sexa liberado claro...

Saúdos.

Manuel Souto Pico escribiu:
> Leandro, moitas grazas por compartires e distribuíres eses glosarios e
> os scripts, que probarei máis tarde.
> 
> Eu tampouco prometo nada de nada, pero fixen una pequena proba con
> XQuery para crear unha interface para interrogar directamente os
> documentos TBX sen ter que pasalos primeiro a unha base de datos SQL.
> Teño un formulario de busca de termos que permite usar expresións
> regulares: ao buscar un termo, móstrase unha lista das coincidencias e
> ao clicar nalgunha, móstrase a ficha completa correspondente, máis outro
> formulario para introducir comentarios (pendente de acabar).
> 
> Teño isto no meu servidor local, en eXist, así que non volo podo mostrar
> de momento. Estiven mirando e o meu provedor de aloxamento non me
> permite usar eXist nin Tamino ou similar, parece que para iso necesito
> un VPS ou servidor dedicado ou algo así, que é un pouco caro. Da Forxa
> tamén me responderon dicindo que non contemplan instalar ningún sistema
> de bd XML. Alguén pode recomendar algunha outra maneira de montar isto?
> 
> Como o vedes? Credes que sería útil? Hai tempo que quería facer isto
> pero non tiña a materia prima (os glosarios).
> 
> Unha aperta,
> ~manuel
> 
> 
> 2009/10/5 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com
> <mailto:leandro.regueiro en gmail.com>>
> 
>     >>> É raro, pero o outro día rulábame ca ligazón directa, en todo
>     caso con
>     >>> http://ghicho.iespana.es/ si que funciona.
>     >>>
>     >>> Como prometín no anexo vai un arquivo con tres ficheiros: un de
>     >>> instrucións, un script que xera a base de datos a partir dos
>     ficheiros
>     >>> TBX que se poden baixar da páxina de enriba, e outro script que
>     >>> permite realizar consultas dende unha terminal.
>     >>>
>     >>> PD: acábome de dar conta de que o código do xerador inclúe unha
>     >>> referencia a un ficheiro TBX que me pasou Marce e que metin para
>     >>> probar e de paso ter máis terminoloxía na base de datos, así que
>     pode
>     >>> que a vós non vos rule ben xa que non tedes ese ficheiro.
>     Simplemente
>     >>> eliminade a liña referente ao glosario de Marce do dicionario
>     que está
>     >>> cara o final do código do script xerador.
>     >>
>     >> Evidentemente cando teñamos rematado ese sistema de xestión de
>     >> terminoloxía o uso desta ferramenta será útil para obter as propostas
>     >> dos diferentes glosarios existentes ata o de agora e consideralas
>     >> durante a creación da nova terminoloxía unificada, a cal debería
>     ser a
>     >> única que se debería usar nun futuro.
>     >>
>     >> Ou sexa, este sistema é un parche temporal.
>     >
>     > Chámalle "documentar" a escolla.
> 
>     Vale.
> 
>     Envíovos unha nova versión que permite indicar as consultas como
>     exactas ou inexactas. É dicir con
> 
>     ./script --fuzzy tab
> 
>     obtéñense tódolos resultados tal como se obtiñan antes, só que é
>     bastante máis lento agora. Co exemplo este obterianse todas as
>     entradas que teñan algunha tradución en inglés que conteña tab: table,
>     executable, database, portable...
> 
>     Ca opción nova:
> 
>     ./script --exact tab
> 
>     só se obteñen as entradas que teñen algunha tradución en inglés que
>     conteña "tab" e "tab" non forma parte de ningunha palabra con máis
>     caracteres. Devolveria "tab order", "tab", "next tab" pero non
>     "tabulation" nin nada diso.
> 
>     Lembrade que se pode consultar por frases, con ambos modos:
> 
>     ./script --exact database manager applet
> 
>     buscaria os resultados usando a cadea "database manager applet".
> 
>     E lamento o de que o script sexa moito máis lento. Quizais se teño
>     tempo me dedicarei a ver se consigo que sexa máis rápido, pero non
>     prometo nada de nada.
> 
>     Ata logo,
>                          Leandro Regueiro
>     _______________________________________________
>     G11n mailing list
>     G11n en mancomun.org <mailto:G11n en mancomun.org>
>     http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrJ/msACgkQmLtmJqKk+bg1LQCeOVp0C9UNkbZyW9F2fh7yPpdm
0ksAoIKM2MSxPJUPsDHxZVkc9jSir8NF
=wHbi
-----END PGP SIGNATURE-----

Reply via email to