Leandro Regueiro escribiu:
>> É raro, pero o outro día rulábame ca ligazón directa, en todo caso con
>> http://ghicho.iespana.es/ si que funciona.
>>
>> Como prometín no anexo vai un arquivo con tres ficheiros: un de
>> instrucións, un script que xera a base de datos a partir dos ficheiros
>> TBX que se poden baixar da páxina de enriba, e outro script que
>> permite realizar consultas dende unha terminal.
>>
>> PD: acábome de dar conta de que o código do xerador inclúe unha
>> referencia a un ficheiro TBX que me pasou Marce e que metin para
>> probar e de paso ter máis terminoloxía na base de datos, así que pode
>> que a vós non vos rule ben xa que non tedes ese ficheiro. Simplemente
>> eliminade a liña referente ao glosario de Marce do dicionario que está
>> cara o final do código do script xerador.
>>     
>
> Evidentemente cando teñamos rematado ese sistema de xestión de
> terminoloxía o uso desta ferramenta será útil para obter as propostas
> dos diferentes glosarios existentes ata o de agora e consideralas
> durante a creación da nova terminoloxía unificada, a cal debería ser a
> única que se debería usar nun futuro.
>
> Ou sexa, este sistema é un parche temporal.
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   
Chámalle "documentar" a escolla.

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a