Grazas Keko,

Queda anotada a falta de coherencia, a ver se a encontro.

Respecto ao de estabelecer unha preferencia entre amosar e mostrar, a 
preferencia que estamos a aplicar é sempre para "mostrar". Ora ben, 
entendo que se trata dunha simple elección de estilo por parte do 
tradutor. O único importante é que se manteña a coherencia, cando menos 
no mesmo ficheiro.

Antón


Enrique Estevez escribiu:
> Boas.
>
> No seu momento atopei un erro nunha tradución de gnome, senon me equivoco. E 
> non sei se cheguei a subir o erro para que se arranxara. Onte facendo orde no 
> portatil (Fran e Denís, poden dar fe do desastre que son), atopei a captura 
> de pantalla onde aparecía o erro.
>
> É un erro de estilo, xa que para a mesma palabra e no mesmo contexto nun 
> lado emprega amosar e no outro mostrar. Non sei se xa está solucionado 
> nestas revisións que se están facendo para homoxenizar, pero por se acaso 
> ahí queda. Adxunto a captura da pantlla. E un diálogo que sae cando se 
> instalan os themes do escritorio. Non sei como andará o termo arquivo, pero 
> segun me teñen indicado, ahí vai arquivo en ver de ficheiro, porque se 
> refire a unha estructura que almacena varios arquivos. Vos diredes.
>
> Saúdos.
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 862 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090805/14298ff8/attachment.vcf
 

Responderlle a