Ese non é un erro de localización ao galego de Gnome.
Esa é unha inconsistencia que se produce en Ubuntu; tal e como se 
indicou no seu momento, se recalcou e se insistiu, se non se mantén 
certo nivel de coordinación dos procesos de localización, en por exemplo 
proxectos como Ubuntu, pasa isto.


Se agora comezan a aparecer estas inconsistencias, dentro dun ano as 
localizacións terán unha calidade tan baixa que será realmente 
preocupante e haberá que plantexarse reiniciar todo outra vez.

Polo tanto, se queredes ter localizacións de calidade, teremos que 
coordinarnos mellor.

Saúdos.



Enrique Estevez escribiu:
> Boas.
>
> No seu momento atopei un erro nunha tradución de gnome, senon me equivoco. E 
> non sei se cheguei a subir o erro para que se arranxara. Onte facendo orde no 
> portatil (Fran e Denís, poden dar fe do desastre que son), atopei a captura 
> de pantalla onde aparecía o erro.
>
> É un erro de estilo, xa que para a mesma palabra e no mesmo contexto nun lado 
> emprega amosar e no outro mostrar. Non sei se xa está solucionado nestas 
> revisións que se están facendo para homoxenizar, pero por se acaso ahí queda. 
> Adxunto a captura da pantlla. E un diálogo que sae cando se instalan os 
> themes do escritorio. Non sei como andará o termo arquivo, pero segun me 
> teñen indicado, ahí vai arquivo en ver de ficheiro, porque se refire a unha 
> estructura que almacena varios arquivos. Vos diredes.
>
> Saúdos.
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   

Reply via email to