Ola Antón,

A falta de máis información creo que o retroceso se debe a que algunhas
cadeas se marcaron como "fuzzy" ao actualizar as versións dos paquetes.

Por outro lado temo que chegamos tarde para a 9.04. Estaba previsto que
se conxelasen as traducións o próximo venres, pero acabo de comprobar na
lista de correo de Launchpad que (sen previo aviso) conxelaron as
traducións onte.

Se me podes mandar algunha captura ou algún exemplo concreto
agradézocho, para corrixir os problemas o antes posibles e que estean
nos "language-packs".

Saúdos.
    Felipe.



Antón Méixome wrote:
> Ola,
>
> Penso que para a Ubuntu 9.04 temos un conxunto de problemas de
> tradución bastante serio e quero chamar a atención aos coordinadores
> tanto de Gnome como de Ubuntu para a ver se investigando e actuando
> nalgún sentido podemos solucionalo a tempo.
>
> De feito, fixemos onte aquí un pequeno test de como está e encontramos
> un bo feixe de detalles sorprendentes: botóns, formularios de
> aplicativos, etc que permanecen sen traducir e aparecen desde o
> arranque e chegan a calquera aspecto do contorno de escritorio. Moitos
> deles están traducidos na 8.10... e agora presentan un retroceso.
>
> O certo é que non sei a que se debe pero hai que investigalo porque é
> moi rechamante. Non sei se será preciso que vos remita unhas capturas
> de pantalla pero si que vos mando unha lista. Por favor, probade a
> beta da Ubuntu 9.04 e mirade o pequeno "desastre" que nos espera. Xa
> digo que para nós é bastante ilóxico e non sabemos onde está a raíz do
> problema...
>
> Na lista seguinte aparecen textos en inglés mesturados co galego,
> cousas como (Engadir- Remove !!)
>
> - authorizations
> - booting
> - computer_janitor
> - copy_paste_allwindows
> - despregables_variables
> - efectos_escritorio
> - firefox
> - f-spot
> - gdm
> - gedit
> - gnome-pilot
> - installing
> - keyboard_setup
> - lingua
> - logout
> - partition
> - remote_desktop
> - restart
> - restart_now
> - system_policy
> - timezone
> - usb_startup_disk
> - user
> - wallpapers
> - xestion_enerxia
> ...
>
> Un saúdo,
>
> Antón
>
>
>

Responderlle a