Antón Méixome wrote:
>
> Grazas Felipe, xa quedou clariño como se nos portan en Ubuntu.
> Non hai nada que facer para a saída. Só queda a vía das actualizacións
> e aí non sei se alguén sabe como vai o tema.
>
> Cando se completa unha tradución (e se aproba) en Launchpad
> incorpórase inmediatamente nas actualizacións para os usuarios da
> versión? Hai algún tipo de prioridades nas actualizacións, ou vai ao
> chou conforme se producen?.
>
> Antón
>
>
Ola Antón,

As traducións que hai en Launchpad pasan unha vez ao mes para as
actualizacións [1]. Ata onde sei a actualización é completa, é dicir,
non hai ningún tipo de prioridade nin de revisión. O sistema é moi
automático, e por desgraza, a "interactividade" coas comunidades de
tradutores é escasa.

Saúdos.
    Felipe.


[1] https://wiki.ubuntu.com/TranslationLifecycle

Responderlle a