Olá, primeiro felicitarvos pola vosa acción cultural... e tamén por vos 
interesar no software libre e na tradución. Benvidos!

Como xa puxo Leandro de manifesto é importante que contedes con nós ó 
traducir. Dende fai uns anos as iniciativas de tradución de software van 
converxendo neste proxecto, que arrinca no 1999, e hoxe por hoxe pódese dicir 
que somos o maior e máis activo grupo traballando en galego. Mais non só iso, 
senón que é importante que a tradución ó galego se centralice por centos de 
motivos. 

TRASNO non é unha asociación senón un "servizo online", un "portal" para os 
que nos adicamos a isto. Así que a  pertenecia  á lista non require nada de 
vós, axudános a nós. Ademais a Xunta estanos tendo en conta, toda a xente que 
forma Mancomun.org, así que este proxecto está para durar. Anímovos, e creo 
que falo por todo trasno, a que usedes a nosa lista como un máis para todo o 
que precisedes.

Aquí énos de axuda que:
- informedes de como pretendedes traballar
- en que ides traballar (para non duplicar esforzos...)
- nos axudedes nas discusións de terminolóxicas

así mesmo gañades:
- o traballo do glosario que mantemos na web
- as liñas de estilo (incluso hai algunha proposta de guía de estilo) que 
aplicamos ó software (e que se agradecería que sigades para mante-la 
coherencia que pretendemos que haxa nas traducións das interfaces)
- axuda técnica cando a precisedes e na medida do que poidamos dar
- a experiencia que vos pode aportar a xente que está aquí xestionando equipos 
de tradución e demais

... e seguro que deixo cousas.

Se pretendes facer obradoiros de tradución pero non queredes "mollar" 
demasiado á xente que participa podedes pensar na documentación. Ademais, en 
vez de lles dar o código en texto cousa que me parefe pouco recomendable, como 
creo que dicides, pódovos referir a ferramentas, que son sinxelas de empregar, 
coma:

* Para Windows:
-Poedit
- Lokalize (en probas, pero decentemente estable; instalable a canda programas 
de KDE para Windows |winkde.org)

* Linux
- GTranslator
- Gtranslator
- Kbabel
- Lokalize (preferible actualmente sobre de Kbabel excepto para determinadas 
operacións que inda non ten implementadas)

ou outros específicos coma Qt4 linguist. 

Por , último, por se non o sabedes, igual vos interesa saber da "Rede de 
dinamización" da Consellaría de Innovación de Industría da Xunta que ten 
traballos no ensino de SWL.... 

Saúdos, Miguel Branco


Responderlle a