> Aquí énos de axuda que:
> - informedes de como pretendedes traballar
> - en que ides traballar (para non duplicar esforzos...)
> - nos axudedes nas discusións de terminolóxicas

Na medida do posible, claro. Eu cando cheguei a Trasno estaba un pouco
perdido e tampouco tiña moitos coñecementos, de feito ainda agora
aprendo moito tódolos días.

> así mesmo gañades:
> - o traballo do glosario que mantemos na web
> - as liñas de estilo (incluso hai algunha proposta de guía de estilo) que
> aplicamos ó software (e que se agradecería que sigades para mante-la
> coherencia que pretendemos que haxa nas traducións das interfaces)
> - axuda técnica cando a precisedes e na medida do que poidamos dar
> - a experiencia que vos pode aportar a xente que está aquí xestionando equipos
> de tradución e demais
>
> ... e seguro que deixo cousas.
>
> Se pretendes facer obradoiros de tradución pero non queredes "mollar"
> demasiado á xente que participa podedes pensar na documentación. Ademais, en
> vez de lles dar o código en texto cousa que me parefe pouco recomendable, como
> creo que dicides, pódovos referir a ferramentas, que son sinxelas de empregar,
> coma:

O da documentación é unha opción, pero antes, claro está tense que
aprender como funciona o tema do que fala dita documentación, sexa un
programa, ou o que sexa.

> * Para Windows:
> -Poedit
> - Lokalize (en probas, pero decentemente estable; instalable a canda programas
> de KDE para Windows |winkde.org)
>
> * Linux
> - GTranslator
> - Gtranslator
> - Kbabel
> - Lokalize (preferible actualmente sobre de Kbabel excepto para determinadas
> operacións que inda non ten implementadas)

Repetiches o Gtranslator e omitiches o Poedit, que tamén ten versión
para Mac, se mal non lembro.

Respecto do que dicia Marce de que hai xente por Santiago, penso que
máis ben esa xente queda pola Coruña, e remítome ó mapa de tradutores
que se creou.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a