Noraboa Irene polo artigo, eu corrixiría un par de cousiñas:

    * Eu non me considero un freak aínda que encaixe perfectamente na
      forma e no fondo (1º parágrafo).
    * No último parágrafo da primeira páxina hai dúas palabras xuntas "
      ao galegopropia"
    * Eu cambiaría o primeiro parágrafo da segunda páxina para o final
      do documento, xa que lle da un sentido de peche e conclusión axeitado
    * No 3 parágrafo tamén o inicio "O tema" non chega a gostarme de
      todo, eu poñería "Deste xeito a localización de software pode
      semellar superficial"

Xa digo que é baixo o meu ponto de vista. Con todo o agarimo para que 
quede un artigo "cara**udo".

Saudañas e sorte irene

Irene Touriño escribiu:
> Boas a todos,
>
> Como falamos de difundir a labor da comunidade de tradución de 
> software libre e facela extensible ao resto da sociedade, estou 
> traballando na elaboración dunha reportaxe para a súa difusión en 
> medios xeneralistas.
>
> O ideal sería que todos fornecésedes algo para que saise unha 
> reportaxe interesante e con distintas perspectivas do asunto. Deste 
> xeito, poderiades incorporar citas, opinións, cifras, información de 
> proxectos...)
>
> Xa sabedes que o meu coñecemento sobre este mundo está aínda moi 
> limitado, así que vos mando o texto que eu redactei e espero que vos o 
> completedes coas vosas aportacións.
>
> Moitas grazas de antemán e un saúdo a todos. Irene
>
> P.D. Prometo facer un curso de fotografía avanzado para o vindeiro 
> encontro ;-) 
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   

-- 
Paco Dieguez
Linux User #409880
Chave GPG: A2A4F9B8 en keyserver.rediris.com
www.mabishu.com


Responderlle a