Vale, vale, tomo nota do asunto. Quizais non o expliquei ben...  :-[

Vou anotando as correccións para unha versión definitiva.

Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Irene




Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/5/14 Susana Sotelo Docio <sdocio en usc.es>:
>   
>> O Mércores 14 de Maio de 2008, Irene Touriño escribiu:
>>     
>>> Xa sabedes que o meu coñecemento sobre este mundo está aínda moi
>>> limitado, así que vos mando o texto que eu redactei e espero que vos o
>>> completedes coas vosas aportacións.
>>>       
>> A falta de lelo con máis tempo e de forma máis pausada, chamoume a
>> atención este parágrafo:
>>
>> "Por esa razón, as persoas máis experimentadas neste ámbito traballan
>> directamente sobre o código fonte da aplicación con
>> tradutores instalados no propio computador tal como son o Kbabel, o
>> Poedit..."
>>
>> Non se traballa directamente sobre o código fonte da aplicación (por
>> fortuna), xa que os programas adoitan estar internacionalizados. E os
>> programas como kbabel, poedit, etc non son tradutores, senón máis ben
>> programas de asistencia/axuda á tradución (CAT).
>>
>> http://en.wikipedia.org/wiki/Computer-assisted_translation
>>     
>
> Non o lin. Pero miña nai!! Irene, estabas durmida ou que?? Os
> tradutores traballamos sobre ficheiros creados automaticamente por uns
> programas que extraen as cadeas traducibles dende o código fonte.
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Irene Touriño Eirín - Mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia 
http://www.mancomun.org 
mancomun en mancomun.org

Responderlle a