Eu non son persoa que use moito o corrector, xa que escribo poucas cousas que precisen o seu uso, e porque considero que non son tan inútil que me faga falta un corrector.
Pero considero moi importante non gastar unha chea de cartos nun corrector que despois só rule cun único programa, cunha única versión, ou nunha única plataforma. Non sei exactamente como funciona un corrector, pero supoño que hai unha especie de regras e uns datos cos que traballa, pode que estes datos se poidan aproveitar sen romper moito a cabeza para outros correctores máis estendidos e integrados con máis programas, se non se puidera usar un corrector que se integre con moitos programas... non sei se me explico. Por outra parte sempre flipei ca cantidade de correctores que hai pola rede, é que con cada versión lle cambian o nome ó corrector? Non habería forma de aunar recursos para non ter que reinventar a roda cada vez? Hai algún tempo cando se fixera un corrector para o OpenOffice lera moitas queixas sobre que había un traballo que non se podería aproveitar para outros correctores porque a empresa á que se lle encargou dito traballo o fixo de xeito que fora case imposible aproveitar dito traballo. Se imos ter un servidor de memorias de tradución e terminoloxia que todos poidamos aproveitar o traballo de todos, non se deberían facer públicos estes traballos de forma que todos poidamos beneficiarnos dese traballo xa feito?? Ata logo, Leandro Regueiro