Leandro Regueiro escribiu: > Eu non son persoa que use moito o corrector, xa que escribo poucas > cousas que precisen o seu uso, e porque considero que non son tan > inútil que me faga falta un corrector. Co de "inutil" penso que te estás a pasar, para min sobra. ;-) > > Pero considero moi importante non gastar unha chea de cartos nun > corrector que despois só rule cun único programa, cunha única versión, > ou nunha única plataforma. Non sei exactamente como funciona un > corrector, pero supoño que hai unha especie de regras e uns datos cos > que traballa, pode que estes datos se poidan aproveitar sen romper > moito a cabeza para outros correctores máis estendidos e integrados > con máis programas, se non se puidera usar un corrector que se integre > con moitos programas... non sei se me explico. > > Por outra parte sempre flipei ca cantidade de correctores que hai pola > rede, é que con cada versión lle cambian o nome ó corrector? Non > habería forma de aunar recursos para non ter que reinventar a roda > cada vez? > > Hai algún tempo cando se fixera un corrector para o OpenOffice lera > moitas queixas sobre que había un traballo que non se podería > aproveitar para outros correctores porque a empresa á que se lle > encargou dito traballo o fixo de xeito que fora case imposible > aproveitar dito traballo. Se imos ter un servidor de memorias de > tradución e terminoloxia que todos poidamos aproveitar o traballo de > todos, non se deberían facer públicos estes traballos de forma que > todos poidamos beneficiarnos dese traballo xa feito??
se non me erro é o corrector de léxico (non sei se se di así) que actualmente usa o openoffice. Penso que o problema estaba nos códigos que usaron para as regras. Finalmente, estou de acordo con Frco. Javier (de agora en diante Fran, perdoa a confianza é para abreviar) se o openoofice xa ten motor e vale para a nosa lingua pois eu trataría de adaptar o que temos a ese e non usar outro.