Boas,

Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a
equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de
localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes, como
xa fixen en GNOME e OpenOffice.

Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahí xa será cousa 
de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio 
para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na
medida en que poida axudalo.

Fágovos eso sí unha matización de certa importancia despois de repasar o
arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non era 
Enrique quen asumía a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou Trasno,
non lembro cal dos dous era).

É importante que teñades claro que na Mozilla a participación é individual;
quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e non
organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real Madrid
ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén pretenda
suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que
Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade
Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter
en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra organización.

Dígovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a
Xunta quen se facía cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non vaia
ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa
cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que 
integrarme esto era unha información importante que eu descoñecía e que 
obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de
"apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización, meterán
o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por que
insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes efectos
a única organización que existe é a Fundación Mozilla. 

Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os
correos onde me poñades en copia. 

Ánimo pois.

Saúde.

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a