Bravo, Antón :)

Apertas, Manuel


2010/3/26 Anton Méixome <meixome en certima.net>

> Keko: 5/5
> Outros: 0/0
> Votaron: damufo, ifrit, David, Leandro, Méixome
>
> O seguinte desfogo podédelo obviar.
>
> Efectivamente tameń creo que hai que dar saída a esta etapa; a
> candidatura de Keko é unha boa opción en si mesma.
> Por outro lado, agradezo a Manuel a súa dispoñibilidade incondicional.
>
> Aposto pola transversalidade do traballo de localización.
> Parécenme superpertinentes os apuntamentos de Manuel sobre a utilidade
> de integrar os futuros tradutores profesionais
> en formación así como en ter unha coordinación lingüística en paralelo
> á de enxeñaría e institucional de Mozilla.
> En xeral, o tradutor como mediador e non como creador.
>
> O seguimento do traballo concreto é preferible facelo na propia lista
> como di damufo tamén. A función fundamental de
> coordinación debe ser formar aos seguintes coordinadores. A
> sustentabilidade, mesmo a rotación. Hai moitos outros aspectos que
> pode/deben
> ir por outro lado e creo que todos somos conscientes desa
> complementariedade de grupos e persoas.
>
> Debido ao meu compromiso con openoffice, non podo participar en
> Mozilla como o fixen noutras circunstancias
> pero xuntos somos algo, somos útiles e o traballo paga a pena, mentres
> cada un polo seu lado non é ninguén.
>
> Todo se andará se compartimos o estrito respecto polas persoas e o
> amor polo noso idioma, que son as cousas que nos xuntan aquí.
>
> Persoalmente,
>
> Antón
>
>
>
>
> 2010/3/25 Jesús <xermolinho en gmail.com>:
> > Coido que se ninguén di nada en contra despois da Semana Sanat Keko
> > debería asumir a coordinación e tirar para adiante.
> >
> > ifrit
> >
> > 2010/3/23 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> >>> Eu tan só quero dicir que penso que se non hai opinións en contra da
> >>> candidatura de Keko, pois xa está, non?
> >>>
> >>> Dígoo porque penso que a maioría da xente da lista non vai emitir
> voto....
> >>>
> >>> pero é unha opinión, en calquera caso eu tamén apoio a candidatura de
> Keko.
> >>>
> >>> Penso que o importante é rematar con este debate canto antes, polo que
> apoio
> >>> a idea de poňer como data límite até fin de mes.
> >>
> >> Se hai que votar para acabar xa ca indecisión esta dunha vez, pois
> >> voto. Aínda así non considero que o meu teña especial valor dada a
> >> miña pouca participación na tradución de Mozilla nos últimos cinco
> >> anos.
> >>
> >> Keko: 4/4
> >> Outros: 0/0
> >> Votaron: damufo, ifrit, David, Leandro
> >> _______________________________________________
> >> Galician mailing list
> >> Galician en mozdev.org
> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>
> >
> >
> >
> > --
> > ====================
> > Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
> > Visit our blog of fast food of the world:
> http://capitulocerdo.blogaliza.org
> > Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
> > Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
> > ====================
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >
>
>
>
> --
> Leader of openOffice.org GL
> http://gl.openoffice.org
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
-------------- pr�a parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100326/01d61a2a/attachment.html>

Responderlle a