2010/7/9 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>

> 2010/7/8 Xose M (Pika) <pikam...@gmail.com>:
> >
> >
> > ------- Mensaxe Remitida -------
> > De: "Xose M (Pika)" <pikam...@gmail.com>
> > A: proxecto@trasno.net
> > Asunto: Re: preposición A
> > Data: Thu, 08 Jul 2010 22:37:06 +0200
> >
> > En Thu, 08 Jul 2010 22:22:38 +0200, Antón Méixome <cert...@certima.net>
> > escribiu:
> >
> >> 2010/7/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>
> >>
> >>>
> >>>
> >>> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >>>
> >>> 2010/7/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >>>>
> >>>> > Despois de consultalo un chisco:
> >>>> >
> >>>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai)
> >>>> > será
> >>>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
> >>>> incorrecta.
> >>>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
> >>>> >
> >>>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que
> reduplicar
> >>>> > o
> >>>> > pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
> >>>> > A + un, outro...
> >>>> > A + todo/s...
> >>>> > A + calquera
> >>>> > ...
> >>>> >
> >>>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma
> o
> >>>> outro)
> >>>> >
> >>>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a
> >>>> forma
> >>>> > "moderna" en galego...)
> >>>> >
> >>>> > Sempre voto aos meus/os meus
> >>>> > Atopei aos/os demais confundidos
> >>>> >
> >>>> > O problema está a partir de aquí.
> >>>> >
> >>>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir
> o
> >>>> SUX
> >>>> > con el.
> >>>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
> >>>> >
> >>>> >   A radio informa os/aos composteláns
> >>>> >   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
> >>>> >
> >>>> > Eu optaría pola forma máis conservadora:
> >>>> >
> >>>> >   A radio informa os composteláns
> >>>> >   As manchas delatan o ladrón
> >>>>
> >>>> Entón en galego sería como en inglés, non?
> >>>>
> >>>> The radio informs the "composteláns"
> >>>>
> >>>
> >>> Si
> >>>
> >>> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou
> >>> semellante),
> >>> o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:
> >>>
> >>> A radio informa diso aos composteláns
> >>>
> >>>
> >>>   A proper server always shows all files, but some broken servers hide
> >>> files from the user.
> >>>
> >>>   Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros
> >>> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS
> >>> (--OD--)
> >>> AOS USUARIOS (--OI--).
> >>>
> >>> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios».
> Non
> >>> é
> >>> que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os
> usuarios"
> >>> é
> >>> un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para
> >>> unha
> >>> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
> >>> significativa (relevante) cá do inglés.
> >>>
> >>>
> >> Outro exemplo común
> >>
> >>  Use this option to force the server to show all files.
> >>  Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.
> >>
> > saúdos.
> > estou a ler esta conversa con atención. Non podo máis que aprender, pero
> > nos meus tempos da escola eso traducíase com
> >
> > "use esta opción para forzar o servidor a mostrar todolos ficheiros"
> > ou incluso
> >
> > "forzalo"
>
> En realidade sería:
>
>  "use esta opción para forza-lo servidor a mostrar tódo-los ficheiros"
>

Case: «use esta opción para forza-lo servidor a mosrar tódolos ficheiros»


>  "use esta opción para forzalo" (cando é pronome, vai sen o guión. Ou
> creo recordar que era así...)
>

si


> Penso que tanto isto como o de a+o = ó segue sendo válido, pero non
> son as formas preferidas (ou algo así).
>

exacto

Desde o cambio da Normativa de 2003 (Normativa de concordia, chamáronlle)
cambiaron as preferencias neste caso pero ambas formas xa eran e seguen
sendo correctas.



> No "estilo escollido por Trasno" decidiuse non usar a segunda forma do
> artigo, e máis o de "ao" en vez de ó, precisamente porque a RAG dicía
> que eran as formas preferidas. Creo recordar. Poida que me estea a
> trabucar. Se despois resulta que non era así, facede como que non
> lestes este correo....
>
>
Si, chámase «preferencia na escrita polas formas plenas». Aos tradutores de
software practicamente non nos interesa sabelo pero na pronuncia non houbo
cambio. Sempre se pronuncia cun só  "o" aberto.


> >
> > ou incluso
> >
> > "use esta opción para forzar ó servidor a mostrar todolos ficheiros"
> >
> > ó coma contracción de ao. Non existe xa isto?
> >
> > non son correctas?
> >>
> >>>
> >>>> > Por que hai debate?
> >>>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
> >>>> (segundo
> >>>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
> >>>> presenta
> >>>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o
> >>>> > SUX
> >>>> (o
> >>>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa
> é
> >>>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual
> >>>> >
> >>>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver
> non
> >>>> > aparece o -A-
> >>>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A-
> >>>> como
> >>>> > reforzo
> >>>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
> >>>> >
> >>>> >
> >>>> > Creo que quedan claras dúas cousas
> >>>> >
> >>>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas
> >>>> > construcións
> >>>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
> >>>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
> >>>> perfectamente
> >>>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo
> fortemente
> >>>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
> >>>> resistencia,
> >>>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
> >>>> "restaurar"
> >>>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
> >>>> >
> >>>> >
> >>>> > _______________________________________________
> >>>> > Proxecto mailing list
> >>>> > Proxecto@trasno.net
> >>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>>> >
> >>>> >
> >>>> _______________________________________________
> >>>> Proxecto mailing list
> >>>> Proxecto@trasno.net
> >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>>>
> >>>
> >>>
> >
> >
> > --
> >
> > -----------------  Xose M.  -----------------
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
>
>
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a