2010/7/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>: > > > 2010/7/8 Antón Méixome <cert...@certima.net> >> >> >> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> >>> >>> 2010/7/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>: >>> > Despois de consultalo un chisco: >>> > >>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será >>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete >>> > incorrecta. >>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico: >>> > >>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o >>> > pronome ( InstalouNOS a NOS ese aplicativo) >>> > A + un, outro... >>> > A + todo/s... >>> > A + calquera >>> > ... >>> > >>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o >>> > outro) >>> > >>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a >>> > forma >>> > "moderna" en galego...) >>> > >>> > Sempre voto aos meus/os meus >>> > Atopei aos/os demais confundidos >>> > >>> > O problema está a partir de aquí. >>> > >>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o >>> > SUX >>> > con el. >>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate. >>> > >>> > A radio informa os/aos composteláns >>> > As manchas de sangue delataron o/ao ladrón >>> > >>> > Eu optaría pola forma máis conservadora: >>> > >>> > A radio informa os composteláns >>> > As manchas delatan o ladrón >>> >>> Entón en galego sería como en inglés, non? >>> >>> The radio informs the "composteláns" >> >> Si >> >> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou >> semellante), o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A: >> >> A radio informa diso aos composteláns >> >> >> A proper server always shows all files, but some broken servers hide >> files from the user. >> >> Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros >> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS (--OD--) >> AOS USUARIOS (--OI--). >> >> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios». Non >> é que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os usuarios" >> é un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para unha >> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis >> significativa (relevante) cá do inglés. >> > > Outro exemplo común > > Use this option to force the server to show all files. > Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.
Eu teríao traducido como: "Use esta opción para forzar que o servidor mostre todos os ficheiros." >>> > Por que hai debate? >>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués >>> > (segundo >>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego >>> > presenta >>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o >>> > SUX (o >>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é >>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual >>> > >>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano) Como se pode ver non >>> > aparece o -A- >>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano) Pode aparecer o -A- >>> > como >>> > reforzo >>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano) Idem >>> > >>> > >>> > Creo que quedan claras dúas cousas >>> > >>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións >>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas >>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode >>> > perfectamente >>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente >>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos >>> > resistencia, >>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de >>> > "restaurar" >>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo. >>> > >>> > >>> > _______________________________________________ >>> > Proxecto mailing list >>> > Proxecto@trasno.net >>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> > >>> > >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> Proxecto@trasno.net >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto