E que dende a normativa do 2003  fixeron modificacións coma as seguintes:

*ó* por *ao*
*tódolos/todo-los* por *todos os*

Ou se poden poñer? Eu penso que non penso que a de Leandro é a correcta ;)

2010/7/9 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2010/7/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >
> >
> > 2010/7/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>
> >>
> >>
> >> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >>>
> >>> 2010/7/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >>> > Despois de consultalo un chisco:
> >>> >
> >>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai)
> será
> >>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
> >>> > incorrecta.
> >>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
> >>> >
> >>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar
> o
> >>> > pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
> >>> > A + un, outro...
> >>> > A + todo/s...
> >>> > A + calquera
> >>> > ...
> >>> >
> >>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o
> >>> > outro)
> >>> >
> >>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a
> >>> > forma
> >>> > "moderna" en galego...)
> >>> >
> >>> > Sempre voto aos meus/os meus
> >>> > Atopei aos/os demais confundidos
> >>> >
> >>> > O problema está a partir de aquí.
> >>> >
> >>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir
> o
> >>> > SUX
> >>> > con el.
> >>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
> >>> >
> >>> >   A radio informa os/aos composteláns
> >>> >   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
> >>> >
> >>> > Eu optaría pola forma máis conservadora:
> >>> >
> >>> >   A radio informa os composteláns
> >>> >   As manchas delatan o ladrón
> >>>
> >>> Entón en galego sería como en inglés, non?
> >>>
> >>> The radio informs the "composteláns"
> >>
> >> Si
> >>
> >> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou
> >> semellante), o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:
> >>
> >> A radio informa diso aos composteláns
> >>
> >>
> >>    A proper server always shows all files, but some broken servers hide
> >> files from the user.
> >>
> >>    Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros
> >> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS
> (--OD--)
> >> AOS USUARIOS (--OI--).
> >>
> >> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios».
> Non
> >> é que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os
> usuarios"
> >> é un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para
> unha
> >> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
> >> significativa (relevante) cá do inglés.
> >>
> >
> > Outro exemplo común
> >
> >  Use this option to force the server to show all files.
> >  Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.
>
> Eu teríao traducido como:
>
> "Use esta opción para forzar que o servidor mostre todos os ficheiros."
>
> >>> > Por que hai debate?
> >>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
> >>> > (segundo
> >>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
> >>> > presenta
> >>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o
> >>> > SUX (o
> >>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa
> é
> >>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual
> >>> >
> >>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
> >>> > aparece o -A-
> >>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A-
> >>> > como
> >>> > reforzo
> >>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
> >>> >
> >>> >
> >>> > Creo que quedan claras dúas cousas
> >>> >
> >>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas
> construcións
> >>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
> >>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
> >>> > perfectamente
> >>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente
> >>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
> >>> > resistencia,
> >>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
> >>> > "restaurar"
> >>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
> >>> >
> >>> >
> >>> > _______________________________________________
> >>> > Proxecto mailing list
> >>> > Proxecto@trasno.net
> >>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>> >
> >>> >
> >>> _______________________________________________
> >>> Proxecto mailing list
> >>> Proxecto@trasno.net
> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/

Un saúdo!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a