2010/7/8 Xose M (Pika) <pikam...@gmail.com>: > > > ------- Mensaxe Remitida ------- > De: "Xose M (Pika)" <pikam...@gmail.com> > A: proxecto@trasno.net > Asunto: Re: preposición A > Data: Thu, 08 Jul 2010 22:37:06 +0200 > > En Thu, 08 Jul 2010 22:22:38 +0200, Antón Méixome <cert...@certima.net> > escribiu: > >> 2010/7/8 Antón Méixome <cert...@certima.net> >> >>> >>> >>> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> >>> >>> 2010/7/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>: >>>> >>>> > Despois de consultalo un chisco: >>>> > >>>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) >>>> > será >>>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete >>>> incorrecta. >>>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico: >>>> > >>>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar >>>> > o >>>> > pronome ( InstalouNOS a NOS ese aplicativo) >>>> > A + un, outro... >>>> > A + todo/s... >>>> > A + calquera >>>> > ... >>>> > >>>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o >>>> outro) >>>> > >>>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a >>>> forma >>>> > "moderna" en galego...) >>>> > >>>> > Sempre voto aos meus/os meus >>>> > Atopei aos/os demais confundidos >>>> > >>>> > O problema está a partir de aquí. >>>> > >>>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o >>>> SUX >>>> > con el. >>>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate. >>>> > >>>> > A radio informa os/aos composteláns >>>> > As manchas de sangue delataron o/ao ladrón >>>> > >>>> > Eu optaría pola forma máis conservadora: >>>> > >>>> > A radio informa os composteláns >>>> > As manchas delatan o ladrón >>>> >>>> Entón en galego sería como en inglés, non? >>>> >>>> The radio informs the "composteláns" >>>> >>> >>> Si >>> >>> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou >>> semellante), >>> o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A: >>> >>> A radio informa diso aos composteláns >>> >>> >>> A proper server always shows all files, but some broken servers hide >>> files from the user. >>> >>> Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros >>> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS >>> (--OD--) >>> AOS USUARIOS (--OI--). >>> >>> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios». Non >>> é >>> que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os usuarios" >>> é >>> un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para >>> unha >>> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis >>> significativa (relevante) cá do inglés. >>> >>> >> Outro exemplo común >> >> Use this option to force the server to show all files. >> Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros. >> > saúdos. > estou a ler esta conversa con atención. Non podo máis que aprender, pero > nos meus tempos da escola eso traducíase com > > "use esta opción para forzar o servidor a mostrar todolos ficheiros" > ou incluso > > "forzalo"
En realidade sería: "use esta opción para forza-lo servidor a mostrar tódo-los ficheiros" "use esta opción para forzalo" (cando é pronome, vai sen o guión. Ou creo recordar que era así...) Penso que tanto isto como o de a+o = ó segue sendo válido, pero non son as formas preferidas (ou algo así). No "estilo escollido por Trasno" decidiuse non usar a segunda forma do artigo, e máis o de "ao" en vez de ó, precisamente porque a RAG dicía que eran as formas preferidas. Creo recordar. Poida que me estea a trabucar. Se despois resulta que non era así, facede como que non lestes este correo.... > > ou incluso > > "use esta opción para forzar ó servidor a mostrar todolos ficheiros" > > ó coma contracción de ao. Non existe xa isto? > > non son correctas? >> >>> >>>> > Por que hai debate? >>>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués >>>> (segundo >>>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego >>>> presenta >>>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o >>>> > SUX >>>> (o >>>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é >>>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual >>>> > >>>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano) Como se pode ver non >>>> > aparece o -A- >>>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano) Pode aparecer o -A- >>>> como >>>> > reforzo >>>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano) Idem >>>> > >>>> > >>>> > Creo que quedan claras dúas cousas >>>> > >>>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas >>>> > construcións >>>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas >>>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode >>>> perfectamente >>>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente >>>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos >>>> resistencia, >>>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de >>>> "restaurar" >>>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo. >>>> > >>>> > >>>> > _______________________________________________ >>>> > Proxecto mailing list >>>> > Proxecto@trasno.net >>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>> > >>>> > >>>> _______________________________________________ >>>> Proxecto mailing list >>>> Proxecto@trasno.net >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>>> >>> >>> > > > -- > > ----------------- Xose M. ----------------- > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Saúde, Chaves - http://chav.es _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto