O Lun, 12-07-2010 ás 21:34 +0200, Miguel Branco escribiu: > > Non entendo moi ben porque o OmegaT fai iso, a verdade. Será un bug > do > programa máis ca un erro de internacionalización?. Abre o .po cun > editor de > texto calquera e cambia como vexas. Os de pt_PT e pt_BR fixeron o > seguinte:
Pois non é un erro, é unha feature... o OmegaT traballa ESTRITAMENTE como o estándar TMX é dicir pares de cadeas orixe-traducida. Isto é, se dúas cadeas son a mesma entón teñen a mesma tradución. Para solucionar isto deberían estar en dominios ou espazos de nomes distintos. A forma de solucionar isto é traducir directamente o pofile, xa que este non atende a (cadeas orixe iguais = cadeas traducidas iguais). Se vos animades o próximo xoves ou venres estará un dos autores do Gtranslator na GUADEC e se podo asistir tenho varias cousas que comentarlle para que o implementen: - Compatibilidade para glosarios TBX - Compatibilidade para memorias de tradución TMX - Remisión de traducións a repositorios de forma automatizada. * Git * Svn e algunha cousa máis que me deixo no tinteiro. Saúdos. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto