Ola rapaces,

estou un pouco alleo ao de "Carta de US" xa que non lembro que pasara
por diante minha. De todas formas cando haxa un consenso tento buscar no
GNOME para  corrixir se procede.

Saúdos

O Mar, 13-07-2010 ás 12:39 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> 2010/7/12 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>:
> > O Lun, 12-07-2010 ás 21:34 +0200, Miguel Branco escribiu:
> >>
> >> Non entendo moi ben porque o OmegaT fai iso, a verdade. Será un bug
> >> do
> >> programa máis ca un erro de internacionalización?. Abre o .po cun
> >> editor de
> >> texto calquera e cambia como vexas. Os de pt_PT e pt_BR fixeron o
> >> seguinte:
> >
> > Pois non é un erro, é unha feature... o OmegaT traballa ESTRITAMENTE
> > como o estándar TMX é dicir pares de cadeas orixe-traducida. Isto é, se
> > dúas cadeas son a mesma entón teñen a mesma tradución.
> >
> > Para solucionar isto deberían estar en dominios ou espazos de nomes
> > distintos.
> >
> > A forma de solucionar isto é traducir directamente o pofile, xa que este
> > non atende a (cadeas orixe iguais = cadeas traducidas iguais).
> >
> > Se vos animades o próximo xoves ou venres estará un dos autores do
> > Gtranslator na GUADEC e se podo asistir tenho varias cousas que
> > comentarlle para que o implementen:
> >
> >  -  Compatibilidade para glosarios TBX
> >  -  Compatibilidade para memorias de tradución TMX
> >  - Remisión de traducións a repositorios de forma automatizada.
> >    * Git
> >    * Svn
> >
> > e algunha cousa máis que me deixo no tinteiro.
> 
> Eu tamén intentarei estar alí para facer algo semellante :)
> 
> Respecto ao de "Carta de US" pode que veña de aquí:
> http://wiki.trasno.net/Formatos_de_papel_anglosax%C3%B3ns
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a