A miña experiencia pequena co omegaT ensinoume que polo de agora non é
un aplicativo indicado para traballar con ficheiros po.

O Lun, 12-07-2010 ás 22:23 +0200, Fran Diéguez escribiu:
> O Lun, 12-07-2010 ás 21:34 +0200, Miguel Branco escribiu:
> > 
> > Non entendo moi ben porque o OmegaT fai iso, a verdade. Será un bug
> > do 
> > programa máis ca un erro de internacionalización?. Abre o .po cun
> > editor de 
> > texto calquera e cambia como vexas. Os de pt_PT e pt_BR fixeron o
> > seguinte: 
> 
> Pois non é un erro, é unha feature... o OmegaT traballa ESTRITAMENTE
> como o estándar TMX é dicir pares de cadeas orixe-traducida. Isto é, se
> dúas cadeas son a mesma entón teñen a mesma tradución.
> 
> Para solucionar isto deberían estar en dominios ou espazos de nomes
> distintos.
> 
> A forma de solucionar isto é traducir directamente o pofile, xa que este
> non atende a (cadeas orixe iguais = cadeas traducidas iguais).
> 
> Se vos animades o próximo xoves ou venres estará un dos autores do
> Gtranslator na GUADEC e se podo asistir tenho varias cousas que
> comentarlle para que o implementen:
> 
>  -  Compatibilidade para glosarios TBX
>  -  Compatibilidade para memorias de tradución TMX
>  - Remisión de traducións a repositorios de forma automatizada.
>     * Git
>     * Svn
> 
> e algunha cousa máis que me deixo no tinteiro.
> 
> Saúdos.
> 
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a