> >
> > A forma de solucionar isto é traducir directamente o pofile, xa que este
> > non atende a (cadeas orixe iguais = cadeas traducidas iguais).
> 
> Non debería esto ser xusto do revés ?????
> 
O omegat propaga automaticamente as cadeas que son iguais en orixe, por
iso eu recomendo empregar un programa adicado a pofiles, véxase Lokalize
ou Gtranslator.

A única razón pola que podo recomendar OmegaT para os principiantes é a
compatibilidade de ficheiros TMX e TBX.


> En TMX (ollo, translation MEMORY exchange), cada <tu> pode conter
> varias <tuv> co mesmo atributo xml:lang, deste xeito, pode recollerse
> para un mesmo texto nun idioma as diferentes traducións a outro(s)
> idiomas)

Si, certo. Pero o OmegaT só ten implementado que se poidan meter pares
orixe-traducido nun só idioma. Ou polo menos até cando eu o usaba a
miúdo. Agora só emprego o Gtranslator xa que nas últimas versións de
desenvolvemento melloraron moitísimo o das memorias de tradución
posibilitando metelo nunha base de datos, mysql, sqlite, ou whatever.

Saúdos

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a