Xa caeu nas miñas mans un teléfono traducido ao galego. Estas son as
traducións de Nokia:

On 24/09/10 11:19, Miguel Bouzada wrote:
> Un-Hold → que expresión utilizariades vos para dicir «des-reter»
Recuperar

> Un-mute → vin que alguén empregou «desilenciar» algunha forma mellor?
Activar audio

> Handset → entendo que se refire ao propio teléfono, historicamente isto
> sería o «auricular» dos teléfonos clasicos. xa que falamos dun
> dispositivo "AllInOne» parecevos correcto traducilo por «teléfono»

Para diferenciar as traducións de "phone" e "handset" poderíase usar
"terminal" (no teléfono que acabo de probar en inglés sempre aparece
"phone", non atopei "handset").

> Call Voicemail → ocorreseme que sexa «Chamar á caixa de voz» que vos parece?
"Caixa do correo de voz" / "caixa chamadas" (usan esta cando non hai espazo)

> 
> No calls in progress → Non hai chamadas en curso → é correcta a
> expresión «en curso»?
> 

Non atopei esta cadea.

Saúdos.
        Felipe
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a