Como o entendo eu e como propostas serían, aínda non lin o resto de
mensaxes polo que non sei se coincide co resto:

O Ven, 24-09-2010 ás 11:19 +0200, Miguel Bouzada escribiu:
> Dúbidas traducindo meego-handset-dialer
> 
> Un-Hold → que expresión utilizariades vos para dicir «des-reter»

Retomar, contrario a reter unha chamada para atender unha en espera.

> Un-mute → vin que alguén empregou «desilenciar» algunha forma mellor?

Está é moi complicada porque en GNOME pasa o mesmo e todas as formas de
tradución que vin nunca me satisfaceron. Eu diría «Desactivar silencio»
que uso por agora en GNOME aínda que tampouco me convence.

> Handset → entendo que se refire ao propio teléfono, historicamente
> isto sería o «auricular» dos teléfonos clasicos. xa que falamos dun
> dispositivo "AllInOne» parecevos correcto traducilo por «teléfono» 

Fai pouco comprei un auricular e micrófono Bluetooth para o teléfono e
na caixa de todos estes dispositivos poñía Handset (Bluetooth)

> Call Voicemail → ocorreseme que sexa «Chamar á caixa de voz» que vos
> parece?

Chamar ao Buzón de voz, esta é sinxela...

> 
> No calls in progress → Non hai chamadas en curso → é correcta a
> expresión «en curso»?

Aquí si que me pillas, non se me ocorre nada.

Regards!
Fran

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a