2011/1/27 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2011/1/27 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>> Por favor,
>>
>> anotade estas cousas para as Trasnadas. Coido e cada vez me asevero máis
>> que a forma máis oficiosa e cómoda para todos é asentar terminoloxía
>> dentro do marco das Trasnadas (aka en persoa).
>>
>> Isto non saca de que na rolda enviemos impresións e investiguemos para
>> que cando cheguemos á Trasnada seguinte sexa máis doado chegar a fixar
>> un termo.
>>
>> Saúdos
>
> Ese método "in personae" non inventamos nós, claro. Tamén é o que fan
> as institucións lingüísticas como a RAG. Así que as Trasnadas son o
> máis oficial que vai haber no noso idioma para solucións de tradución
> no ámbito do software (un subconxunto das TIC). É unha lástima non
> explorar as posibilidades dun sistema de IRC que tería dúas vantaxes
> moi importantes
>
>  - reunións breves cunha marcadísima orde do día, frecuentes
>  - as decisións quedarían directamente rexistradas mediante o log
>
> Sería un método igualmente "in personae" pero "in absentiae" e
> permitiría que as Trasnadas fosen moito máis produtivas
> (revisión/confirmación de acordos do IRC).
>
> Quero dicir que o que debemos asegurar é a posibilidade de participar
> e que se teña en conta o que se achega ao debate mesmo sen asistir.
> Esa é a función dos outros soportes (lista, bases de datos,
> bibliografía, servizos web, etc). E si, para tomar unha decisión final
> é imprescindible que
>
> - os argumentos para o debate xa sexan coñecidos
> - que haxa unha proposta de solución
> - que o efecto (impacto) da solución sexa coñecido
>
> Este procedemento tampouco é un obstáculo para que os responsables de
> coordinación dun proxecto, ás veces o simple tradutor,  tome decisións
> "locais" cando non hai un solución colectiva ou cando esa solución
> fose inaplicable.
>
> Saúdos,

Na última Trasnada estabamos no IRC para que dalgún xeito puidera
participar máis xente e a verdade é que intentar escribir todo o que
dicia a xente da moito traballo. Nin intentando sintetizar creo que
fora moi fácil facelo. Eu vexo dificil volver usar o sistema a menos
que unha persoa que non queira participar escriba a fume de carozo
todo o que se fala, porque eu estaba intentando transcribir, atender,
pensar a miña opinión, expresar a miña opinión, contar os votos, e
tamén intentar escribir os resultados e non din feito nada diso ben.
De feito aos cinco minutos xa estaba en modo telegráfico e non creo
que Xabier (que era o único conectado que non estaba presente) se
enterara de moito.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a