2011/2/1 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> > é tentar un "streaming" e que a xente opine por MI/IRC ? >
Alberto Permuy, o de O Zulo, brindásenos a artellarnos o "streaming", como xa fixeron na xuntanza do último "Software Freedom Day" > > 2011/2/1 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> > > 2011/1/27 Antón Méixome <cert...@certima.net>: >> > 2011/1/27 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>: >> >> Por favor, >> >> >> >> anotade estas cousas para as Trasnadas. Coido e cada vez me asevero >> máis >> >> que a forma máis oficiosa e cómoda para todos é asentar terminoloxía >> >> dentro do marco das Trasnadas (aka en persoa). >> >> >> >> Isto non saca de que na rolda enviemos impresións e investiguemos para >> >> que cando cheguemos á Trasnada seguinte sexa máis doado chegar a fixar >> >> un termo. >> >> >> >> Saúdos >> > >> > Ese método "in personae" non inventamos nós, claro. Tamén é o que fan >> > as institucións lingüísticas como a RAG. Así que as Trasnadas son o >> > máis oficial que vai haber no noso idioma para solucións de tradución >> > no ámbito do software (un subconxunto das TIC). É unha lástima non >> > explorar as posibilidades dun sistema de IRC que tería dúas vantaxes >> > moi importantes >> > >> > - reunións breves cunha marcadísima orde do día, frecuentes >> > - as decisións quedarían directamente rexistradas mediante o log >> > >> > Sería un método igualmente "in personae" pero "in absentiae" e >> > permitiría que as Trasnadas fosen moito máis produtivas >> > (revisión/confirmación de acordos do IRC). >> > >> > Quero dicir que o que debemos asegurar é a posibilidade de participar >> > e que se teña en conta o que se achega ao debate mesmo sen asistir. >> > Esa é a función dos outros soportes (lista, bases de datos, >> > bibliografía, servizos web, etc). E si, para tomar unha decisión final >> > é imprescindible que >> > >> > - os argumentos para o debate xa sexan coñecidos >> > - que haxa unha proposta de solución >> > - que o efecto (impacto) da solución sexa coñecido >> > >> > Este procedemento tampouco é un obstáculo para que os responsables de >> > coordinación dun proxecto, ás veces o simple tradutor, tome decisións >> > "locais" cando non hai un solución colectiva ou cando esa solución >> > fose inaplicable. >> > >> > Saúdos, >> >> Na última Trasnada estabamos no IRC para que dalgún xeito puidera >> participar máis xente e a verdade é que intentar escribir todo o que >> dicia a xente da moito traballo. Nin intentando sintetizar creo que >> fora moi fácil facelo. Eu vexo dificil volver usar o sistema a menos >> que unha persoa que non queira participar escriba a fume de carozo >> todo o que se fala, porque eu estaba intentando transcribir, atender, >> pensar a miña opinión, expresar a miña opinión, contar os votos, e >> tamén intentar escribir os resultados e non din feito nada diso ben. >> De feito aos cinco minutos xa estaba en modo telegráfico e non creo >> que Xabier (que era o único conectado que non estaba presente) se >> enterara de moito. >> >> Deica >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> Proxecto@trasno.net >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto