é tentar un "streaming" e que a xente opine por MI/IRC ?

2011/2/1 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2011/1/27 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> > 2011/1/27 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> >> Por favor,
> >>
> >> anotade estas cousas para as Trasnadas. Coido e cada vez me asevero máis
> >> que a forma máis oficiosa e cómoda para todos é asentar terminoloxía
> >> dentro do marco das Trasnadas (aka en persoa).
> >>
> >> Isto non saca de que na rolda enviemos impresións e investiguemos para
> >> que cando cheguemos á Trasnada seguinte sexa máis doado chegar a fixar
> >> un termo.
> >>
> >> Saúdos
> >
> > Ese método "in personae" non inventamos nós, claro. Tamén é o que fan
> > as institucións lingüísticas como a RAG. Así que as Trasnadas son o
> > máis oficial que vai haber no noso idioma para solucións de tradución
> > no ámbito do software (un subconxunto das TIC). É unha lástima non
> > explorar as posibilidades dun sistema de IRC que tería dúas vantaxes
> > moi importantes
> >
> >  - reunións breves cunha marcadísima orde do día, frecuentes
> >  - as decisións quedarían directamente rexistradas mediante o log
> >
> > Sería un método igualmente "in personae" pero "in absentiae" e
> > permitiría que as Trasnadas fosen moito máis produtivas
> > (revisión/confirmación de acordos do IRC).
> >
> > Quero dicir que o que debemos asegurar é a posibilidade de participar
> > e que se teña en conta o que se achega ao debate mesmo sen asistir.
> > Esa é a función dos outros soportes (lista, bases de datos,
> > bibliografía, servizos web, etc). E si, para tomar unha decisión final
> > é imprescindible que
> >
> > - os argumentos para o debate xa sexan coñecidos
> > - que haxa unha proposta de solución
> > - que o efecto (impacto) da solución sexa coñecido
> >
> > Este procedemento tampouco é un obstáculo para que os responsables de
> > coordinación dun proxecto, ás veces o simple tradutor,  tome decisións
> > "locais" cando non hai un solución colectiva ou cando esa solución
> > fose inaplicable.
> >
> > Saúdos,
>
> Na última Trasnada estabamos no IRC para que dalgún xeito puidera
> participar máis xente e a verdade é que intentar escribir todo o que
> dicia a xente da moito traballo. Nin intentando sintetizar creo que
> fora moi fácil facelo. Eu vexo dificil volver usar o sistema a menos
> que unha persoa que non queira participar escriba a fume de carozo
> todo o que se fala, porque eu estaba intentando transcribir, atender,
> pensar a miña opinión, expresar a miña opinión, contar os votos, e
> tamén intentar escribir os resultados e non din feito nada diso ben.
> De feito aos cinco minutos xa estaba en modo telegráfico e non creo
> que Xabier (que era o único conectado que non estaba presente) se
> enterara de moito.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a