olá:

ben, non vou entrar a discutir en todo isto coas custións filolóxicas,
os ánimos están caldeados demais para min :DDD

só dicir que eu optaria por 2 posturas que, máis ou menos, tanto me ten:

 a) facer un diccionario en normativo, mal que (nos) pese a algúns, é o
que hai e o que a maioria d@s nos@s "client@s" entenden. moitos
(lamentablemente) se ven un "nh" por aí escapan correndo a LuCAS(Linux
en CAStellano). iso é o peor que nos pode pasar ...

 b) ir cada un por libre. despois de todo, estamos nunha sociedade
plural e no caso concreto de GNU/Linux tampouco é do máis unificado que
poida haber por aí adiante.

en resumo, non me parece tan absolutamente imprescindible ter todo
unificado. formar dous bandos si que sería fatal ...

PD: non vos parece positivo que esteamos a discutir entre xente dos dous
grupos? non vos parece un bo sinal na antesala de constituir o LeGAL?
:))))))


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a