Fri, Mar 31, 2000 at 09:00:40PM +0200, Santiago Garcia Mantinan escribiu:

>> co de "claro que sendo obxectivos, é o mellor que temos ata o momento
>> .. :)))"; referíame a que se GPUL non ten definitivamente as IPs
>> dinámicas
>
>Home, creo que o de non ter unha IP tampouco che é unha cousa tan
>importante, polo que dixo Fer a cousa das IPs segue tan chunga como antes,
>pero igual animo a Jacobo e nos plantamos un día a ver se cambiou algo ou
>non :-?

        Eu dicíao por terdes a vosa propia máquina que a poidesedes
administrar ó voso gusto... P.ex o PHP3, ou postgresql/mysql, etc... e sen
caralladas coma "gpul-nomedelista@ceu"

>Polo de agora como dicía na outra mensaxe, pois, o espacio no ftp, o
>servidor virtual de web, o cvs e as listas, parecen ser algo que se podería
>usar.

        O servidor web sería interesante que tivese PHP3 polo menos.  Sería
para aproveitalo ó 10%, pero iso aforra unha chea de tempo a actualiza-las
páxinas...

        No caso do CVS... o único é que sería aconsellable telo nun root
diferente para poder ter diferentes usuarios... e ata onde sei, iso só o
pode facer a versión que usan os de SF (¿sabedes se é pública?)

        Para a(s) lista(s), estaría ben ter tamén dominio virtual.  Cos
sendmail novos pódese converter de usuario@dominio a por exemplo
usuario.dominio, que se usa coma un alias máis do servidor local (así o
fago eu, polo menos)

        E para o ftp... pois se é necesario... a verdade é que o de sf é
unha merdiña. :-D

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a