O Mércores 25 de Xaneiro de 2006 ás 12:51, Xabier dicía: >A propósito do que comentas, dende o meu punto de vista tamén estaría ben que >existisen proxectos de traducción diferentes para as distintas normativas, de >xeito que cada quen poidese elixir aquel co que se sentise máis cómodo... se >non fose porque somos catro gatos :P
Home, a idea de todo isto que propón Jacobo é precisamente a descentralización. Que os grupos non sexan "por decreto lei" de Trasno, que cada un poida crear un grupo novo (p.ex, para traducir o Drupal, traducir o Firefox en AGAL, eu que sei...) e que este sexa recollido no portal de Trasno, sexa de forma integrada ou externo. -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno