Vaia... precisamente o día que se fala de Rosetta e Ubuntu estiven de
viaxe....

Son o administrador do equipo de tradutores ao galego de Ubuntu
(https://launchpad.net/people/ubuntu-l10n-gl). Unha serie de
comentarios para aclarar cousas:

    * Ubuntu utiliza Rosetta: unha ferramenta web para a tradución:
          o Cada vez que se actualiza un paquete en Ubuntu, en Rosetta
            actualízase automáticamente a súa tradución.
          o Non se perde traballo: anque se traduza só unha cadea,
            queda gardada para que outra persoa poda seguir (eu
            empecei a traducir varias veces o Gaim, pero por falta de
            tempo todo o traballo feito quedou na miña computadora).
          o Pódese traballar en equipo.
          o O traballo feito queda reflexado de inmediato en Ubuntu.

A sincronización das traducións no camiño inverso (cos repositorios)
téñenas que facer os equipos de tradución (hai plans de que en certos
casos sexa automática). Toda a xente do equipo galego está subscrita á
lista de correo
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl. Nela pedín
un par de veces que ao rematar unha tradución se mandasen os ficheiros
".po" ao equipo responsable das traducións (ou mos mandasen a min para
reenvialos). Xa hai uns cantos paquetes traducidos e (ata onde sei)
non se mandaron. En canto poda voume encargar deles.

Só remarcar de novo que anque as cadeas traducidas con Rosetta pasan
de inmediato a Ubuntu, a nosa intención é que o traballo feito acabe
no repositorio oficial.

Un saúdo a todos!
    Felipe.


Deberiámonos coordinar un pouco máis. Xa estou farto de ver como se
duplican ou triplican os esforzos de traduccion. Debería haber alguén
encargado de enviar de volta as traduccións.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a