Xabi G. Feal wrote: >> A idea é ter un mecanismo simple de usar, moi accesible, que fomente a >> colaboración, rápido para traducir aplicacións. É moito máis fácil >> traducir todo nunha páxina centralizada que andar a baixar o fonte, >> traducir o .po... Creo q o logran, aínda q ás veces te perdes dentro de >> launchpad. > Perfeito, pero entón se lle queren aforrar traballo ao tradutor (seguindo con > este sistema) que envíen eles despois as traducións aos autores dos programas > ou que usen o cvs correspondente ! Non se pode traballar no software libre se > ao final non se empregan os repositorios oficiais, e precisamente ese é o > motivo de que se fagan contribucións de calquera tipo e dende calquera lugar; > o uso dos cvs (ou svn's).
Vaia... precisamente o día que se fala de Rosetta e Ubuntu estiven de viaxe.... Son o administrador do equipo de tradutores ao galego de Ubuntu (https://launchpad.net/people/ubuntu-l10n-gl). Unha serie de comentarios para aclarar cousas: * Ubuntu utiliza Rosetta: unha ferramenta web para a tradución: o Cada vez que se actualiza un paquete en Ubuntu, en Rosetta actualízase automáticamente a súa tradución. o Non se perde traballo: anque se traduza só unha cadea, queda gardada para que outra persoa poda seguir (eu empecei a traducir varias veces o Gaim, pero por falta de tempo todo o traballo feito quedou na miña computadora). o Pódese traballar en equipo. o O traballo feito queda reflexado de inmediato en Ubuntu. A sincronización das traducións no camiño inverso (cos repositorios) téñenas que facer os equipos de tradución (hai plans de que en certos casos sexa automática). Toda a xente do equipo galego está subscrita á lista de correo https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl. Nela pedín un par de veces que ao rematar unha tradución se mandasen os ficheiros ".po" ao equipo responsable das traducións (ou mos mandasen a min para reenvialos). Xa hai uns cantos paquetes traducidos e (ata onde sei) non se mandaron. En canto poda voume encargar deles. Só remarcar de novo que anque as cadeas traducidas con Rosetta pasan de inmediato a Ubuntu, a nosa intención é que o traballo feito acabe no repositorio oficial. Un saúdo a todos! Felipe. _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno