A ver, algoritmo falado:

1)Normativizar primeiro sen ter en conta os marcadores.
2)Determinar se se traballa con & ou con ~
3)Procurar todos os atallos e polo tanto todas as palabras con atallo (uso un 
contador n)
4)Declaro un vector de dimensión n e nos seus elementos concateno todas estas 
palabras quitándolles os marcadores e lembrar, noutro vector, a situación de 
cada cal.
5)Pasarlle a isto o normativizador
6)Volver poñer aos elementos do vector os marcadores no seu sitio.
7)Substituir no ficheiro todo isto.

Corolario: creo que vou facer o programa en C ou C++ (seica os msgconv son tan 
merdentos que cando erran ás veces non dan unha saída/explicación do porqué).


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a