O sitio do proxecto é este: http://keepassx.sourceforge.net/

Eu non teño con eles nada o motivo de que o empregue é que é un "clon" do keepass (sen x) que é para windows, deste xeito teño o meu ficheiro de claves dispoñible tanto desde windows coma desde linux. A versión de windows aínda é mais doada de traducir que a de linux pero esa prefiron non traducila (polo menos polo de agora, non é codigo aberto, keepassx si)

A aplicación como se intue é para almacenar claves de xeito ordenado incluso se poden gardar documentos adxuntos (p.e. un odt, zip...) Non é que sexa unha maravilla pero a min góstame.

Con respecto ao dos repositorios centralizados eu estaba a pensar en tradución, polo que todo o que estivera traducido estaría neles, sería como o sitio de referencia, de todos modos só era unha idea.

Eu tamén espero que os de keepassx sexan xente normal e que acepten a tradución. Estarei ao tanto. Espero poder dicir nun tempo que está incorporada a tradución. ;-)

Saudos a todos!!
dmunhiz




Xabi G. Feal escribió:
O Mércores 16 Agosto 2006 12:27, mvillarino escribiu:

Ou estades de coña ou non sei se falta lucidez pola miña parte.

- Distínguese entre aplicacións de xente normal que inclúen as traducións que se lles envíen e traducións de programas malévolos que non queren localización (polo motivo que sexa). Do segundo grupo faise un repositorio. Tradúcese. ¿O repositorio para que distribución? -> Código fonte logo, ou 20 repositorios para cada distro (coña). Entón fulano ou mengano instala un programa chamado keepassx e, por inspiración, ocórreselle que pode haber por Internet un repositorio non oficial multi-distro onde se inclúe o keepassx en versión galeguizada sen retardo nas versións. ?!?!¿?"!!?¿"! - Adiviñanza ¿cantas descargas vai a haber do programa X (por certo, non coñezo o keepassx nin me soa) dun repositorio non oficial, sen contar a dos propios integrantes e asiduos lectores da rolda de correo de Trasno?
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a