Perdóa, foi un lapsus, o keepass tamén software libre.
Si estamos a falar do mesmo.
O keepass é exclusivo de windows
Sinto a confusión.


Leandro Regueiro escribió:
On 8/16/06, Daniel Muñiz Fontoira <dmun...@gmail.com> wrote:
O sitio do proxecto é este: http://keepassx.sourceforge.net/

Eu non teño con eles nada o motivo de que o empregue é que é un "clon"
do keepass (sen x) que é para windows, deste xeito teño o meu ficheiro
de claves dispoñible tanto desde windows coma desde linux. A versión de
windows aínda é mais doada de traducir que a de linux pero esa prefiron
non traducila (polo menos polo de agora, non é codigo aberto, keepassx si)

¿Estamos falando do mesmo keepass que hai en sourceforge? Porque ese
si que é software libre, acabo de mirar e a licenza é a GPL igual que
a de keepasx, ainda que tamén dicia que keepassx tamén é para windows
e no paquete que baixei non vin nada diso, estarei chosco.

Ata logo,
           Leandro Regueiro

A aplicación como se intue é para almacenar claves de xeito ordenado
incluso se poden gardar documentos adxuntos (p.e. un odt, zip...) Non é
que sexa unha maravilla pero a min góstame.

Con respecto ao dos repositorios centralizados eu estaba a pensar en
tradución, polo que todo o que estivera traducido estaría neles, sería
como o sitio de referencia, de todos modos só era unha idea.

Eu tamén espero que os de keepassx sexan xente normal e que acepten a
tradución. Estarei ao tanto. Espero poder dicir nun tempo que está
incorporada a tradución. ;-)

Saudos a todos!!
dmunhiz
------------------------------------------------------------------------

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a