Isto parece moi, moi escandaloso, si.

> Non sei se o puxen
> ao final no correo, pero acabo de enterarme que Política Lingüística
> deixoulles gratis aos de Microsoft os recursos que sempre negaron á
> comunidade de localización, bases de datos terminolóxicas, corpus,
> diccionarios e demais. Se é certo paréceme que sería un escándalo, pero
> o que estou tratando de conseguir é de convencer á peña política de que
> ao facer iso, Política Lingüística adquiriu tamén a obriga de ceder esas
> ferramentas para as empresas e grupos voluntarios de localización de
> software, pensando en trasno, mancomún e demais peña.


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


mvillarino escribiu:
> Acabo de sorter un interesante intercambio de correos con Suso Baleato, o 
> mesmo que moveu a criazón da lista de correo de Debian-gl. Adxunto un arquivo 
> co intercambio de correos, tomado tal cual do meu cartafol de correo en 
> KMail.
> SUprimín o seu número de teléfono, así como un parágrafo do penúltimo correo, 
> e parte do parágrafo onde se me pide "non-disclosure", e as repeticións das 
> partes suprimidas, para manter na medida do posíbel a súa petición de 
> discreción. 
> 
> Resumo de que vai a cousa: Teo (un dos profesores que fan Galinux, unha live 
> baseada en slax), púxose en contacto para iso de dar as grazas polo de 
> traducir, e nunha desas, comentou algunha cousa máis. (creo que o arquivo 
> comeza aquí)
> Nisto, por un erro ao ler, pensei que Baleato comezara un novo proxecto de 
> tradución.
> Resolta a confusión, cando pensaba eu que a conversa rematara, pois 
> continuamos, principalmente co tema de por que me --nótese o pronome 
> persoal-- parecía pouco correcta a actuación de mancomún e a xunta por 
> extensión, e como me --nótese de novo o pronome persoal-- parece que debería 
> terse levado a cousa, así como de distros, etc.
> 
> Non é que me crea todo o que dí, pero paréceme que má intención non ten.
> 
> No penúltimo correo, antes de darmos por rematada a conversa, quedamos un 
> pouco en ter unha reunión un día destes, por suposto sen concretar nada.
> 
> Vai un café en Santiago?
> 
> [OT]: Mira tú en que me entreteño no canto de poñerme a traballar...
> 

Responderlle a