O único que faltaba agora é que sexa mancomún quen cargue co pato de que
as institucións académicas cedan a Microsoft o que non lle ceden á
comunidade. Cortarlle a cabeza ao mensaxeiro que trae malas novas non é
precisamente o xeito máis óptimo de amañar os problemas, e rasgarse as
vestiduras invocando a "papá político" para que o faga tampouco.

A xente do Termigal, por exemplo, sí axudou coa tradución do GNOME. E os
políticos non van facer nada que non se lles esixa. Eu estouno facendo
coa xente do BNG... hai alguén facendo iso noutros partidos? Sería estupendo
poder unir esforzos e acadar xuntos a liberación dises recursos.

Sería moito mellor elevar pregárias e que así funcionara todo ben, pero
moito me temo que a categoría na que entra ese tipo de perspectivas ten
máis que ver coa dos paxariños preñados que cunha espectativa realista
de liberar esas ferramentas e recursos.

Eu fai tempo que deixei de laiarme do que non gosto. Tomo a iniciativa e
se podo contribuir a amañalo pois moi ben, e senón polo menos ninguén
poderá acusarme de non telo tentado.

Saúdos,

Leandro Regueiro escrebeu:
> Asi que lles ceden recursos de balde a algúns e a nós non nos dan nin
> as gracias polo traballo que facemos. Moi ben, negáronnos acceso a
> cousas que por estar elaboradas por organismos públicos, deberian ser
> de acceso universal, e agora queren que participemos en proxectos seus
> coma mancomun. Non o vexo moi lóxico. Agardo que algún político con
> algo de siso (o partido politico dame igual) nos dea acceso gratuito e
> totalmente libre a eses recursos de todos.
> 
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
> 
> On 4/14/07, suso.bale...@xunta.es <suso.bale...@xunta.es> wrote:
> >En concreto, estoullo explicando á xente do BNG, que parece a máis
> >receptiva co tema. Non sei no PSOE se hai alguén traballando o tema,
> >pero debería, por que a fin de contas vai ser unha decisión política a
> >que consiga esa liberación.
> >
> >Saúdos.
> >
> >Daniel Muñiz Fontoira escrebeu:
> >> Isto parece moi, moi escandaloso, si.
> >>
> >> > Non sei se o puxen
> >> > ao final no correo, pero acabo de enterarme que Política Lingüística
> >> > deixoulles gratis aos de Microsoft os recursos que sempre negaron á
> >> > comunidade de localización, bases de datos terminolóxicas, corpus,
> >> > diccionarios e demais. Se é certo paréceme que sería un escándalo, pero
> >> > o que estou tratando de conseguir é de convencer á peña política de que
> >> > ao facer iso, Política Lingüística adquiriu tamén a obriga de ceder 
> >esas
> >> > ferramentas para as empresas e grupos voluntarios de localización de
> >> > software, pensando en trasno, mancomún e demais peña.
> >>
> >>
> >> Remitente:
> >> Daniel Muñiz Fontoira
> >> Eu uso software libre [1]
> >> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
> >>
> >>
> >> mvillarino escribiu:
> >> > Acabo de sorter un interesante intercambio de correos con Suso 
> >Baleato, o
> >> > mesmo que moveu a criazón da lista de correo de Debian-gl. Adxunto un 
> >arquivo
> >> > co intercambio de correos, tomado tal cual do meu cartafol de correo en
> >> > KMail.
> >> > SUprimín o seu número de teléfono, así como un parágrafo do penúltimo 
> >correo,
> >> > e parte do parágrafo onde se me pide "non-disclosure", e as 
> >repeticións das
> >> > partes suprimidas, para manter na medida do posíbel a súa petición de
> >> > discreción.
> >> >
> >> > Resumo de que vai a cousa: Teo (un dos profesores que fan Galinux, 
> >unha live
> >> > baseada en slax), púxose en contacto para iso de dar as grazas polo de
> >> > traducir, e nunha desas, comentou algunha cousa máis. (creo que o 
> >arquivo
> >> > comeza aquí)
> >> > Nisto, por un erro ao ler, pensei que Baleato comezara un novo 
> >proxecto de
> >> > tradución.
> >> > Resolta a confusión, cando pensaba eu que a conversa rematara, pois
> >> > continuamos, principalmente co tema de por que me --nótese o pronome
> >> > persoal-- parecía pouco correcta a actuación de mancomún e a xunta por
> >> > extensión, e como me --nótese de novo o pronome persoal-- parece que 
> >debería
> >> > terse levado a cousa, así como de distros, etc.
> >> >
> >> > Non é que me crea todo o que dí, pero paréceme que má intención non 
> >ten.
> >> >
> >> > No penúltimo correo, antes de darmos por rematada a conversa, quedamos 
> >un
> >> > pouco en ter unha reunión un día destes, por suposto sen concretar 
> >nada.
> >> >
> >> > Vai un café en Santiago?
> >> >
> >> > [OT]: Mira tú en que me entreteño no canto de poñerme a traballar...
> >> >
> >>
> >>
> >> --
> >> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
> >
> >
> >--
> >To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
> >

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a