Ola:
Eu son dos que pensa que o mellor é consensuar, e como comentei antes sempre vai haber onde o tradutor pon o seu gran de area.
Tan difícil é chegar a un acordo?
Xabier comenta "glosario do Cesga está validado polo Termigal", isto non quita que á hora de escoller un termo ou outro non haxa criterios mais ou menos persoal (subxectivo) pois as veces poden haber mais dun temo que se adapta á tradución (ollo!! eu non son experto en nada, o meu é so unha opinión). Eu non son un entusiasta do galego da RAG mais aceptoo a pesar de que este organismo non vela nin traballa polo galego o suficiente (por dicir algo). En definitiva, penso que sería bo que os tradutores fixésemos un esforzo por consensuar un glosario e que os do cesga (mancomun) da a impresión que van por libre (iso non me gusta).

A miña proposta (opinión) é que sería bo tratar de unificar (consensuar) u glosario para todos os grupos de tradutores.

Saúdos

Felipe Gil Castiñeira escribiu:
Nesta lista, a maioría das traducións deberían ser as das modificacións que fan en Ubuntu de programas que xa están medio/completamente traducidos, polo que deberíamos seguir o glosario do tradutor orixinal (para non romper a unidade da aplicación), pero no caso das aplicacións concretas de Ubuntu que se traducen enteiras, ou os que traduzamos algún programa por outro lado:

    ¿Que glosario deberíamos seguir?

Non teño unha opinión formada, gustaríame saber que opinades.

Un saúdo.
    Felipe.

P.S.: Se non nos gusta totalmente o de Mancomún, sempre o poderíamos copiar e modificar ao noso gusto (supoño que non haberá ningún problema de tipo legal).


Nacho [eXr] wrote:
Ola,

eu opino o mesmo. Un glosario consensuado e común de verdade. Esas
pequenas diferencias poden estragar unha traducción xa que nun punto
terá «ventá» e noutro «fiestra». E tan só é un pequeno exemplo. O mesmo
podería pasar en termos como «escritorio», «espazo de traballo»...

De todos modos que a de mancomún sexa unha «suposta» wiki pode axudar ó
seu desenvolvemento como fonte principal do glosario.

Un saúdo

On jue, 2007-05-10 at 10:05 +0200, Dani Muñiz wrote:

Ola:
Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se pode editar. Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen consensuados). :
Por exemplo aprecio no de trasno:

  window
  1. n.f. fiestra (recomendado)
  2. n.f. xanela
  3. n.f. ventá

e no de man común: optan por ventá

É un pequeno detalle e hai máis

Saudos


Felipe Gil Castiñeira escribiu:
Ola a todos,

En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.

Un saúdo.

A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario





--
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Attachment: smime.p7s
Description: S/MIME Cryptographic Signature

Responderlle a