Ola Dani:

O primeiro, agradecerche a ti e ao resto da lista os comentarios. Parecía que a lista estaba morta :-). Dito isto, gustaríame aportar un par de matizacións, sempre en positivo.

O glosario é froito do traballo de localización feito por voluntarios e varias empresas de tradución galegas. Toda a terminoloxía, na medida do posible, foi sancionada polo Termigal que é o "organismo encargado da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á nosa lingua" (http://gl.wikipedia.org/wiki/Termigal). Aínda así, teño que dicir que o valor engadido aportado polas empresas e voluntarios foi determinante. En calquera caso non creo que sexa positivo entrar a discutir sobre as eleccións dos termos elixidos para o glosario nesta lista, xa que para elo habilitamos o wiki. Mancomun.org non escolleu ventá, foi o Termigal, por certo, para a nosa sorpresa.

Respecto a determinadas opcións como -ble ou -bel forman parte da guía de estilo de cada grupo de tradución, e como tal cada quen debe escoller ao seu gusto as súas opcións estilísticas, sen dúbida.

Por último, o wiki é un espazo aberto así que penso que algo debeu fallar porque se te rexistras podes modificar calquera termo sen necesidade de aprobación previa, ademais de ter unha sección de discusión moi útil coa que debater.

Un saúdo.

J. Arribi

/

/
Dani Muñiz escribiu:
Ola:
Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se pode editar. Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen consensuados). :
Por exemplo aprecio no de trasno:

window
1. n.f. fiestra (recomendado)
2. n.f. xanela
3. n.f. ventá

e no de man común: optan por ventá

É un pequeno detalle e hai máis

Saudos


Felipe Gil Castiñeira escribiu:
Ola a todos,

En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnol'óxicos inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.

Un saúdo.

A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario



------------------------------------------------------------------------

_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

Responderlle a