Home, creo que esta conversa xa é algo vella, xa que non me lembro dela, pero supoño que estariamos a falar de glosarios coma o de Trasno, grupo que leva moitisimos máis anos traducindo software ca calquera outro do que oin falar. A ligazón é http://trasno.net/trasno:glosario
Tedes máis recursos en http://trasno.net/trasno:recursos Ata logo, Leandro Regueiro On 5/28/07, Rafa Couto <rafaco...@gmail.com> wrote:
> > En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos > inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, > Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante. > > A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario > Boas :-) Revisei todo o fío e só acadei esa ligazón. Mentres, estades a falar doutros glosarios que xa estaban feitos. ¿Podedes indicar onde? Por outra banda, eu tamén son partidario de unificar criterios e de que haxa un glosario, completo e con aportacións de todo o mundo. ¿Onde debe estar? Pois nun sitio neutral, e se pode ser, institucional: mancomun.org (é a miña sinceira opinión, nada máis). E ainda que vai fora de tema, e coma esta é unha das miñas primeiras mensaxes (non lembro se me presentei), pois dicirvos que tamén estou no Galiza Drupal Group (http://groups.drupal.org/galiza) para principalmente traducir o CMS ó galego e votarei man de vós, se non vos importa, para algunhas dúbidas lingüisticas que nos poden "culturizar" a todos :-) Unha aperta, RC. -- Rafa Couto (caligari) mailto:rafacouto @gmail.com Linux user #99126 (http://counter.li.org) -- Ubuntu-l10n-gl mailing list ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl